RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Dépor ABANCA B - Atlético Villalonga FF do sábado 11 ás 19:00 no campo Arsenio Iglesias

CLUB · 7 ABRIL 2026

ENTRADAS (GRATUÍTAS E OBRIGATORIAS PARA SOCIOS E SOCIAS) PARA O DÉPOR ABANCA B - ATLÉTICO VILLALONGA FF DO SÁBADO 11 ÁS 19:00 NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido deste sábado 11 de abril ás 19:00 entre o Deportivo ABANCA B e o Atlético Villalonga FF, correspondente á 24ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.