
CLUB · 27 XANEIRO 2025
ENTRADAS (GRATUÍTAS E OBRIGATORIAS PARA SOCIOS E SOCIAS) PARA O FABRIL - PONTEVEDRA CF DO DOMINGO 2 DE FEBREIRO ÁS 12:00 EN ABANCA-RIAZOR
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura, desde hoxe ás 16:00h., con rexistro de asistentes de ABANCA-RIAZOR para o partido deste domingo 2 de febreiro ás 12:00 entre o Fabril e o Pontevedra CF, correspondente á 21ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.Poden retirar entradas, en principio para Tribuna Inferior, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.A xestión pode realizarse desde hoxe ás 16:00h. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até o martes 28 de xaneiro ás 23:59 h.A partir dese momento habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Suspendida este martes 23 de xuño pola calor a semifinal do A...

En marcha a quinta edición do DéporCampus do Colexio Internac...

A Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo aproba a adecuac...

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...