
CLUB · 14 XANEIRO 2025
ENTRADAS (GRATUÍTAS E OBRIGATORIAS PARA SOCIOS E SOCIAS) PARA O FABRIL - REAL VALLADOLID PROMESAS DO DOMINGO 19 DE XANEIRO ÁS 12:00 EN ABEGONDO
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido deste domingo 19 de xaneiro ás 12:00 entre o Fabril e o Real Valladolid Promesas, correspondente á 19ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar as localidades e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar os asentos. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até este mércores 15 de xaneiro ás 23:59 h.A partir dese momento, se houbese localidades aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Celebrado o primeiro Foro Social do RC Deportivo; un espazo d...

A deportivista Marisa, citada para uns adestramentos coa sele...

O RC Deportivo e a Fundación RC Deportivo impulsan o seu proc...

Primeira sesión da semana do Dépor coa enerxía posta unicamen...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

O FC Barcelona, a SD Eibar e o SL Benfica serán os rivais do ...