RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Eva Alonso, na súa presentación, afirma que vén para "axudar a que o Dépor ABANCA siga medrando"

DÉPOR ABANCA · 31 XULLO 2026

EVA ALONSO, NA SÚA PRESENTACIÓN, AFIRMA QUE VÉN PARA "AXUDAR A QUE O DÉPOR ABANCA SIGA MEDRANDO"

Eva Alonso González (Madrid, 23 de xullo de 2002) foi presentada este venres 31 de xullo como nova xogadora do Dépor ABANCA até xuño de 2028.En primeiro lugar, a nova centrocampista branquiazul posou coa súa nova camiseta acompañada por Kevin Cabado.Xa na sala de prensa, o responsable do Dépor ABANCA deulle a benvida á futbolista madrileña e lembrou que "é unha xogadora á que levamos moitos anos seguindo. Tivemos conversas en anos anteriores e por fin conseguimos que estea aquí".Cre que "nos vai dar moitísimas alegrías. É unha xogadora moi polivalente que pode actuar de centrocampista e de central, cunha gran traxectoria nas categorías inferiores da selección española, campioa do mundo sub-17".Kevin Cabado destacou o seu "talento humano brutal, que tamén nos facía estar seguros da operación".

presentacionevaalonso0731.jpg

Pola súa banda, Eva Alonso confesou que "sempre me chamou moito a atención o Dépor. Tratábase de agardar polo momento perfecto. Non o dubidei cando o tiven desta vez. Quixen collelo con moitísimas ganas".Quere "seguir axudando o Club a que siga medrando e chegar o máis alto posible".A nivel persoal, a futbolista madrileña busca "dar esa mellor versión, volver gozar do fútbol e axudar a que o Dépor ABANCA siga medrando".Na clasificación apunta que hai que mirar "cara arriba sempre. Falamos de non poñernos números, teito; e sempre o máis arriba posible é o que imos querer".Finalmente, Eva Alonso queda da temporada pasada "dentro do malo (descenso co Levante UD) co bo. A nivel individual foime moi ben e iso foi o que me axudou a seguir loitando, a seguir erguéndome cada día".