
DÉPOR · 31 XULLO 2026
ANTONIO HIDALGO BUSCA PARA O DÉPOR "O MESMO CA O ANO PASADO: ORDE, TRABALLO, ALMA, PAIXÓN. ISO É O QUE TEMOS QUE TRANSMITIR"
Antonio Hidalgo quere no Dépor en LaLiga EA Sports "o mesmo ca o ano pasado: orde, traballo, alma, paixón. Iso é o que temos que transmitir. Uns valores que nos deron moitísimo".Vaticina que "hai que sufrir moitísimo, querer sufrir, saber a dificultade que ten o que comeza o día 17. Hai moito tempo que o vimos buscando e entre todos fomos quen de levar o Club onde, como mínimo, se merece".Insiste o técnico deportivista en que "eses son os valores que temos que ter: estar todos xuntos, saír con todo dende o primeiro día, saber que vai ser complicado. Ese sentimento de sufrimento quero inculcalo moi rápido porque van chegar momentos difíciles e complicados. Antes eramos un dos equipos punteiros da Segunda División e agora temos que demostrar que somos en Primera".Nesa liña, advirte que "hai que competir contra equipos con orzamentos brutais, contra os mellores xogadores do mundo. É un reto moi importante para os xogadores e especialmente para min".Antonio Hidalgo ve estas primeiras semanas de pretemporada "con moito traballo, con moita carga, coñecendo á xente nova. Pouco a pouco vanse aclimatando ao que queremos. Están nun bo proceso de traballo. Van pasando as semanas e pouco a pouco se achegan á competición".Finalmente, o preparador branquiazul, de cara á liga, insiste en que "o que fixen sempre é tentar adaptarme ao que me vou atopando en canto a cadro e a contextos. Imos ver como vai a competición dende o primeiro día, a esixencia que ten. Iremos matizando cousas. Hai unha idea principal que teño dende o primeiro día que cheguei. Iso non o imos perder. Deunos moitísimo o ano pasado. Deunos o froito do ascenso e seguiremos incidindo nela".

Adestramento intenso para os futbolistas que non foron titula...

Alberto Rodríguez quere que o triunfo ante o Granada CF «nos ...

José María Giménez: "Soño con facer unha temporada moi boa e ...

Antonio Hidalgo: "O equipo ten un gran compromiso, unha gran ...

Parte médico de Marc Casadó

O RC Deportivo e SBL Education lanzan o Máster en Fútbol Data...