
DÉPOR ABANCA · 31 XULLO 2026
O DÉPOR ABANCA INICIA O SEU CAMIÑO NA PRETEMPORADA CO PRIMEIRO AMIGABLE ESTE SÁBADO 1 DE AGOSTO EN LUANCO ANTE O ATHLETIC CLUB
O Dépor ABANCA afronta este sábado 1 de agosto o seu primeiro compromiso de preparación do verán. O conxunto dirixido por Alberto Rodríguez medirase ao Athletic Club a partir das 19:00 horas no campo de Miramar, en Luanco (Asturias), nunha proba esixente que permitirá comezar a medir o crecemento do equipo de cara ao inicio da nova temporada.As Nosas chegan a esta primeira cita despois de completar dúas intensas semanas de traballo no Dépor Training Center, nas que o corpo técnico combinou a preparación física, táctica e técnica con diferentes sesións orientadas a fortalecer a cohesión do grupo.A planificación semanal incluíu tamén unha xornada de adestramento na praia de Santa Cristina, unha sesión diferente que serviu para seguir acumulando carga de traballo nun contorno distinto e reforzar o espírito de equipo.

Outro dos aspectos máis positivos da semana foi a incorporación ao grupo de Lucía Rivas, Paula Redruello e Ainoa Gómez, recentes campioas de Europa sub-19 coa selección española. As tres futbolistas regresaron ao traballo o pasado luns e continúan avanzando na súa preparación xunto ao resto do cadro.O encontro ante o Athletic Club suporá o primeiro test competitivo para un Dépor ABANCA que continúa a construír a súa identidade de cara a unha nova temporada na Liga F. Máis alá do resultado, o amigable permitirá seguir afianzando conceptos, sumar minutos de xogo e comprobar a evolución do equipo nas primeiras semanas de pretemporada.Con ilusión renovada e o traballo como principal sinal de identidade, As Nosas comezan este sábado a trasladar ao terreo de xogo todo o construído durante o verán. O primeiro paso dun camiño que promete emocións e que o deportivismo volverá percorrer unido xunto ao equipo.

O Dépor enfróntase en ABANCA-RIAZOR ao Levante UD o venres 16...

Nova xornada de portas abertas no Dépor ABANCA para nenas nac...

O Infantil superou ao San Tirso SD Infantil na primeira xorna...

Antonio Hidalgo quere «poñer en valor o que estamos facendo»,...

Un Dépor "nun bo momento" pero que puido "adestrar moi pouco ...

Este mércores 16 de setembro abre a OAD de 12:00 a 16:00; e o...




