
DÉPOR · 6 NOVEMBRO 2026
ANTONIO HIDALGO: "O EQUIPO ESTÁ TRANSMITINDO MOI BOAS SENSACIÓNS, ESTÁ COMPETINDO MOITÍSIMO CONTRA TODO O MUNDO"
Antonio Hidalgo manifestou este venres 6 de novembro na sala de prensa do Dépor Training Center que "é unha obviedade que o equipo está a transmitir moi boas sensacións, está a competir moitísimo contra todo o mundo. Estase a adaptar. É capaz de ser protagonista en moitos partidos. O perfil de xogadores que temos especialmente nos nosos inicios dános pé a poder ter ese dominio, e en campo rival tamén".Así mesmo, o técnico deportivista lembra "a dificultade e a igualdade. Unha vitoria colócate 4 ou 5 postos máis arriba. Non gañar o outro día situaríate nunha situación delicada e seguramente estariamos a falar doutra cousa".Insiste en "ter esa dose de realidade. Todo cambia moitísimo. Estou moi contento cos xogadores".Cre que o partido deste sábado 7 de novembro ás 16:15 (Dazn) no RCDE Stadium ante o RCD Espanyol "é dificilísimo contra un rival que nos vai someter a un estrés continuo. A partir de aí ir mellorando sempre".Precisamente do cadro espanyolista destaca o seu "moito talento. Co cambio de adestrador van ter ese plus de activación. O estadio vai empurrar moitísimo, especialmente nos primeiros minutos. Temos que ter ese punto de concentración que debes ter en todos os partidos".Finalmente Antonio Hidalgo opina que a irrupción de Mella e Yeremay ante o CA Osasuna "dános máis posibilidades. Ábrenos o abano para sermos máis imprevisibles para o rival. Xogadores que se van adaptando a diferentes posicións. Iso fala ben do grupo".

Lucas Noubi xogará con Bélxica sub-21 fronte a Alemaña e Ital...

A selección italiana sub-21 convoca ao deportivista Lorenzo A...

David Mella estréase nunha convocatoria da selección española...

O Dépor recibe o FC Barcelona en ABANCA-RIAZOR o domingo 29 d...

Manuel Pablo advirte que o nerviosismo "temos que quitalo de ...

O Dépor visita o RCD Espanyol "coa preparación ás cegas" pola...