RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Manuel Pablo advirte que o nerviosismo "temos que quitalo de enriba. Sei que non é fácil pero faranos mellorar"

DÉPOR FABRIL · 6 NOVEMBRO 2026

MANUEL PABLO ADVIRTE QUE O NERVIOSISMO "TEMOS QUE QUITALO DE ENRIBA. SEI QUE NON É FÁCIL PERO FARANOS MELLORAR"

Manuel Pablo afirmou este venres 6 de novembro na sala de prensa do Dépor Training Center que a pasada fin de semana no triunfo ante o Zamora CF "cambiamos un pouco a cara e fomos competitivos aínda que houbo momentos de sufrimento, de desaxustes".O técnico deportivista ten claro que "non podiamos volver repetir o do CD Extremadura. Saímos concienciados, simplificando algunha cousa porque despois desa derrota entendiamos que había un pouco de nerviosismo, que temos que quitárnolo de enriba. Sei que non é doado pero faranos mellorar".Cre que o equipo debe intentar "situacións con pelota que as podemos facer máis efectivas. Coa confianza non estamos completamente ao máximo".Do partido ante o Arenas Club deste domingo 8 de novembro ás 12:00 (Fan Play TV) no Municipal de Fadura lembra que "nesta categoría todos os equipos son competitivos, non che van regalar nada. Tes que pelexar os partidos, son moi igualados".Finalmente advirte que os vascos "veñen con moral. Tamén nós gañamos este último partido. É un rival correoso, moi intenso e vai ser un duelo competitivo… e temos que estar á altura".

Real Club Deportivo de A Coruña