RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fernando Soriano: "O último que vimos de Aubameyang impactounos moi positivamente pola súa actitude, pola súa fame, polos seus momentos en cada partido"

DÉPOR · 22 XULLO 2026

FERNANDO SORIANO: "O ÚLTIMO QUE VIMOS DE AUBAMEYANG IMPACTOUNOS MOI POSITIVAMENTE POLA SÚA ACTITUDE, POLA SÚA FAME, POLOS SEUS MOMENTOS EN CADA PARTIDO"

Fernando Soriano compareceu ante os medios de comunicación na sala de prensa do Dépor Training Center tras a presentación de Bright Ede.Explicou a fichaxe de Aubameyang, que xa adestra con normalidade cos seus compañeiros; e someteuse ás preguntas dos medios de comunicación.Estas foron algunhas das súas frases:Aubameyang"Buscabamos xogadores con experiencia que soubesen complementar as carencias que atopabamos agora mesmo no equipo"."A fichaxe de Aubameyang non é polo nome. O último que vimos del impactounos moi positivamente pola súa actitude, a súa fame, os seus momentos en cada partido. Ten unha idade importante pero en absoluto se lle notaba fisicamente"."Estamos convencidos de que nos achega moito do que estabamos buscando e por iso se levou a cabo a fichaxe".Saídas"Anunciouse o de Diego Gómez. O demais estamos en procesos, falando con diferentes clubs...”Cesións de Patiño e Dani Barcia"Non é seguro. Charlie ao mellor ten máis competencia e ao longo da pretempada ímolo ir vendo. E Dani non é unha decisión que estea tomada aínda".Dianteira"Se non houbese saída porque algún club viñese por un xogador noso, a zona de ataque con Bil, Zaka e Auba estaría cuberta".Zona defensiva"É evidente que na posición de lateral esquerdo agora mesmo está Giacomo pero está Xabi Campos a un nivel moi alto. Si que estamos buscando esa posición, a de central un pouco menos determinante. Estamos a peneirar o mercado"."É fútbol profesional e sempre que o mercado estea aberto tentamos buscar as mellores opcións para o equipo. Non nos pechamos ningunha porta".Seis fichaxes xa"Cando temos situacións claras tentamos facelo o antes posible. Canto antes cheguen os xogadores, máis rápida será a adaptación e máis rendemento lles podemos sacar con máis tempo"."Non nos marcamos prazos pero é certo que os últimos días entras con máis nervios se che queda algo por facer".Máis paciencia cos reforzos agora"Se hai unha oportunidade e a podemos acometer, non imos esperar. Está claro que sempre que sexan primeiras opcións das que buscamos".Mediocentro"Hai un número importante de xogadores e imos ir vendo durante a pretempada. Se hai xogadores dos que detectemos que van ter poucos minutos, irase falando cos seus axentes para buscar solucións".