
DÉPOR ABANCA · 7 FEBREIRO 2025
FRAN ALONSO ADVIRTE QUE PARA PUNTUAR EN ZUBIETA "TEMOS QUE FACER BEN TODO"
Fran Alonso cre que para puntuar mañá sábado 8 de febreiro en Zubieta ante a Real Sociedad (17:00, Dazn) "temos que facer ben todo. A Real é un equipo con moitos recursos, ten moi boa saída de balón, mesmo ante presión agresiva. E ten moita presenza, moita altura, xogan con ese cadrado por dentro que teñen moi ben traballado... É un equipo moi difícil, competitivo e de moitísima calidade. Logo teñen un cadro moi completo, con futbolistas que entran do banco son diferenciais así que temos que estar case perfectos para poder puntuar".As claves pasan por "aproveitar as poucas debilidades que teñen. Nós aquí xa lles xeramos ocasións e o Dépor ABANCA está a mellorar moito en pelota parada, en transicións pero temos que mellorar en converter esas ocasións que estamos a crear".Lembra que nos últimos 3 partidos "sacamos 7 puntos de 9, que era moi difícil, con equipos que tamén se están xogando todo. O que máis nos doeu foron eses puntos que se nos escaparon a última hora que nos darían un estado anímico mellor do que tivemos".Lamentouse da lesión de Blessing Nkor, "unha xogadora que chegou con moitísima ilusión. Íanos a axudar moito. Son cousas que pasan no fútbol. Agora estamos centrados na recuperación, en apoiala e en que volva adestrar canto antes por suposto sen apurar, respectando os tempos".E valorou positivamente a fichaxe de Elyse Bennett: "É unha futbolista que coñezo ben. Tiven a desgraza de enfrontarme a ela. Vainos a dar moitísimo. É unha xogadora moi potente, ten unha zancada espectacular, vai moi ben por arriba... Pode achegarnos moitísimo. Achéganos cousas que o equipo non ten como esa presenza na área, esa altura. Vai ser moi importante para nós".

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...