RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fran Alonso: "Aquí ninguén déixase ir, aquí as vacacións son para cando todo remate"

DÉPOR ABANCA · 4 MAIO 2026

FRAN ALONSO: "AQUÍ NINGUÉN DÉIXASE IR, AQUÍ AS VACACIÓNS SON PARA CANDO TODO REMATE"

Fran Alonso manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "xa dixen que aquí non se ía relaxar ninguén. O crecemento constante forma parte dos nosos valores. A pesar de que o obxectivo se cumpriu hai xa tempo temos fame de gañar, de medrar, de ser cada vez mellores, de xogar cada vez mellor. E iso vai ser igual cando vaiamos a semana que vén a Bilbao a xogar contra o Athletic Club. Imos demostrar a mesma fame, as mesmas ganas de gañar. Aquí non se relaxa ninguén".O técnico deportivista apunta que "as xogadoras da canteira seguen desde abaixo para continuar afianzándose, as xogadoras con máis minutos non se relaxan porque non queren perder eses minutos... Ese ambiente de competición que temos nos adestramentos reflíctese nos partidos. É outra cousa da que podemos estar orgullosos. Aquí ninguén déixase ir, aquí as vacacións son para cando todo remate".Nesa liña, presume de que "non hai día de adestramento no que non deamos o 100%. Cando levas este escudo é innegociable. E así o están demostrando".Lamentou que "ese traballo, ese esforzo, esa ilusión, esas ganas de lle dar a ANOSAFORZA os 3 puntos que non se producise hoxe (por onte); pero todo o mundo viu que non foi por falta de ganas nin porque non o déramos absolutamente todo para conseguilo. Ata o último minuto que pitou a árbitra".Fran Alonso subliña que "o Real Madrid aquí non o pasou ben, o Barça na primeira parte igual. Pero hoxe (por onte) o partido en xeral, quitando accións puntuais de moitísima calidade da Real Sociedad, merecemos máis. Se gañásemos ninguén diría que sería inxusto".