RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fran Alonso: "É un orgullo que as xogadoras representen así o escudo"

DÉPOR ABANCA · 10 MAIO 2026

FRAN ALONSO: "É UN ORGULLO QUE AS XOGADORAS REPRESENTEN ASÍ O ESCUDO"

Fran Alonso amosouse na sala de prensa de Lezama, consumado o triunfo ante o Athletic Club, "moi feliz por conseguir gañar aquí porque é un estadio moi difícil".Subliña o preparador do Dépor ABANCA que "a pesar de cumprir o obxectivo hai unhas semanas o equipo ten fame, quere medrar. En cada partido déixamonos todo. É un orgullo que as xogadoras representen así o escudo. Non vai ser menos o seguinte partido".Precisamente o técnico deportivista, xa coa mirada posta no futuro, lembra que o seguinte partido será o mércores 27 de maio ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR ante o RCD Espanyol, "o rival ao que acabamos de adiantar na clasificación. Se logramos gañar ese partido esa praza (a 11ª) é a mínima que conseguiríamos. Entón ese obxectivo é boísimo. Imos ir a por el".Recalca ademais que o choque ante as espanyolistas "é o último partido na casa, diante de ANOSAFORZA. É a miña despedida persoal en ABANCA-RIAZOR. Hai algunha xogadora que igual tamén é o seu último partido. Entón é moi especial para nós".Así pois, Fran Alonso insiste en "tentar gañar, afianzarnos na posición que gañamos hoxe (por onte) e ir a Tenerife (na última xornada) con posibilidades de gañar algún posto máis na táboa".