RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA logra en Lezama ante o Athletic Club "unha merecida vitoria ante un gran equipo"

DÉPOR ABANCA · 9 MAIO 2026

O DÉPOR ABANCA LOGRA EN LEZAMA ANTE O ATHLETIC CLUB "UNHA MERECIDA VITORIA ANTE UN GRAN EQUIPO"

O Dépor ABANCA venceu por 0-1 ao Athletic Club este sábado 9 de maio en Lezama, en partido correspondente á 28ª xornada en Liga F.Fran Alonso, na sala de prensa, cualificou a vitoria ante o conxunto bilbaíno como "moi importante para nós".Con este resultado, As Nosas suman 30 puntos e escalan á 11ª posición da táboa.Causou baixa para o encontro Merle Barth, sancionada por acumulación de amonestacións.Están lesionadas Millene; Hildah Magaia, con molestias nun ombreiro pendente de valoración médica; e Yohana, con molestias nun xemelgo.

E Marina Artero non entrou na convocatoria en virtude do acordo de cesión entre os dous clubes.

Lucía Rivas, Paula Novo e Martina Rivas foron as representantes de ANOSACANTEIRA.O encontro arrancou moi igualado e case sen ocasións de gol.O primeiro disparo a porta foi para Paula Gutiérrez desde a frontal e saíu lixeiramente desviado.Pouco despois, Ainhoa Marín encarou á gardameta rival Romero, que conseguiu deter co corpo o disparo da atacante deportivista.Respondeu o Athletic con Mendinueta, que chutou lixeiramente alto. O balón golpeou na parte superior da rede.As vascas apertaron, pero o Dépor ABANCA defendeuse sen pasar excesivos apuros.Iso si, Aguirre recolle un balón na banda esquerda, entra na área deportivista pero atópase coa gran resposta de Inês Pereira, que desviou o seu remate a saque de esquina."Controlamos ben", presumiu Fran Alonso, que viu ao seu equipo nos primeiros 45 minutos "moi ben, moi intensas".

20260510_elena.jpg

Tras o paso polos vestiarios As Nosas levaron un bo susto.Añorga, libre de marca na área, chuta moi alto un pase desde a esquerda, con todo a favor.Case na xogada seguinte adiántase o Dépor nunha gran acción de Bárbara pola banda esquerda. O seu pase raso á área recólleo Ainhoa Marín que, libre de marca, supera a Romero."No segundo tempo elas saíron mellor ca nós e cando peor estabamos castigámolas cunha transición. A primeira que tivemos metémola", advertiu o preparador do Dépor ABANCA.Lanzouse o Athletic Club a polo empate, que puido lograr cun remate de Aguirre que se foi ao pau."A partir do gol medramos no partido e soubemos sufrir, defender a área. Unha vitoria merecida ante un gran equipo, con moitísimos recursos".Athletic Club: Romero, Añorga, Marquínez, Solano, Zaldívar (Nerea Nevado, min. 69), Elía (Indakoetxea, min. 84), Ruiz, Loyo (Clara Pinedo, min. 69), Mendinueta (Amezaga, min. 56), Fuente (Oses, min. 69) e AguirreDeportivo: Inês Pereira, Samara (Paula Novo, min. 84), Raquel, Elena, Vera, Lucía Martínez, Paula Gutiérrez (Henar, min. 76), Olaya, Ainhoa Marín (Paula Monteagudo, min. 84), Bárbara (Marisa, min. 67) e Espe Pizarro (Lucía Rivas, min. 84)Árbitro: Ainara Andrea Acevedo, do comité catalán. Amonestou a Loyo (min. 31), Elena (min. 35), Lucía Martínez (min. 47) e Elía (min. 51)Goles: 0-1 Ainhoa Marín (min. 55)Incidencias: partido correspondente á 28ª xornada en Liga F disputado en Lezama

20260510_olaya.jpg