
DÉPOR ABANCA · 12 OUTUBRO 2026
SEGUNDO TEST DE MICHI APÓSTOL E VENEZUELA ANTE COLOMBIA, ESTE MARTES 13 EN MARGARITA
Michi Apóstol está concentrada coa selección de Venezuela para disputar dous partidos ante Colombia nesta data FIFA.Os encontros dispútanse no Centro Nacional de Alto Rendemento de Margarita.O segundo para a futbolista branquiazul será este martes 13 de outubro ás 17:00 (hora local), 23:00 horas en Galicia.O primeiro amigable celebrouse o pasado sábado 10 de outubro.A xogadora do Dépor ABANCA saíu no once inicial e foi substituída no minuto 88 pola ex deportivista Michelle Romero.O marcador favoreceu a Colombia, que se impuxo por 0-1.O calendario de encontros da futbolista do Dépor ABANCA, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Sábado 10 de outubroVENEZUELA 0 - COLOMBIA 1Martes 13 de outubro17:00 (hora local 23:00 en Galicia): VENEZUELA - COLOMBIAMichi Apóstol, que acaba de ser elixida por ANOSAFORZA xogadora Estrella Galicia do Dépor ABANCA no mes de setembro, suma 5 partidos até a data en Liga F, un deles como titular.

Daniela Caracas xoga o seu segundo amigable ante Venezuela ne...

Sofía Domínguez vólvese ver con Brasil este martes 13 na cida...

Partido de volta de Inês Pereira ante Irlanda do Norte do pla...

As Nosas emprenden desde este martes 13 de outubro o camiño a...

O Dépor visita o RCD Espanyol o sábado 7 de novembro ás 16:15...

Os Nosos arrincan unha semana curta co Levante UD este venres...