
DÉPOR ABANCA · 12 OUTUBRO 2026
AS NOSAS EMPRENDEN DESDE ESTE MARTES 13 DE OUTUBRO O CAMIÑO A IPURÚA NO REGRESO Á LIGA
Despois dunha longa fin de semana de descanso debido ao parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais, As Nosas emprenden desde este martes 13 de outubro o camiño cara a Ipurúa, escenario do choque ante a SD Eibar do domingo 18 de outubro ás 16:00 (Dazn e RTVE Play).O Dépor ABANCA retoma a competición despois de 6 partidos disputados, con 5 puntos na 14ª posición.Alberto Rodríguez programou 5 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center. A última antes do partido, a do sábado 17, adiántase ás 10:00 horas, posto que nada máis concluír, a expedición deportivista partirá por estrada cara a Eibar.As internacionais Inês Pereira, Sofía Domínguez, Michi Apóstol e Daniela Caracas incorporaranse a partir do xoves aos adestramentos.
Faltará a canteirá Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 para o Mundial de Marrocos.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é a seguinte:Martes 13 de outubro11:00 h.Mércores 14 de outubro11:00 h.Xoves 15 de outubro11:00 h.Venres 16 de outubro11:00 h.Sábado 17 de outubro10:00 h.Domingo 18 de outubro16:00: SD Eibar - Deportivo ABANCA, en Ipurúa

Daniela Caracas xoga o seu segundo amigable ante Venezuela ne...

Segundo test de Michi Apóstol e Venezuela ante Colombia, este...

Sofía Domínguez vólvese ver con Brasil este martes 13 na cida...

Partido de volta de Inês Pereira ante Irlanda do Norte do pla...

O Dépor visita o RCD Espanyol o sábado 7 de novembro ás 16:15...

Os Nosos arrincan unha semana curta co Levante UD este venres...