
DÉPOR ABANCA · 12 OUTUBRO 2026
SOFÍA DOMÍNGUEZ VÓLVESE VER CON BRASIL ESTE MARTES 13 NA CIDADE BRASILEIRA DE RECIFE
Sofía Domínguez está concentrada coa selección de Argentina para disputar dous amigables ante Brasil nesta xanela FIFA.As arxentinas xa están clasificadas para disputar o próximo Mundial 2027.O segundo partido da futbolista do Dépor ABANCA coa súa selección será o martes 13 de outubro no Arena Pernambuco de Recife.O encontro arrancará ás 20:30 hora local, 1:30 do mércores 14 en Galicia.Nada máis concluír o encontro, a polivalente xogadora deportivista regresará á Coruña.O primeiro deles xogouse este pasado sábado 10 de outubro en Porto Alegre.Sofía Domínguez foi titular nun partido que caeu do lado das brasileiras por 3-1. Foi substituída no minuto 84 por Martina del Trecco.O calendario de partidos da futbolista branquiazul, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Sábado 10 de outubroBRASIL 3 - ARGENTINA 1Martes 13 de outubro20:30 (hora local, 1:30 do mércores 14 en Galicia): BRASIL - ARGENTINA no Arena Pernambuco (Recife)Ata a data, Sofía Domínguez leva 5 partidos disputados co Dépor ABANCA, 1 deles como titular; e 1 gol marcado.

Daniela Caracas xoga o seu segundo amigable ante Venezuela ne...

Segundo test de Michi Apóstol e Venezuela ante Colombia, este...

Partido de volta de Inês Pereira ante Irlanda do Norte do pla...

As Nosas emprenden desde este martes 13 de outubro o camiño a...

O Dépor visita o RCD Espanyol o sábado 7 de novembro ás 16:15...

Os Nosos arrincan unha semana curta co Levante UD este venres...