
DÉPOR · 12 OUTUBRO 2026
OS NOSOS ARRINCAN UNHA SEMANA CURTA CO LEVANTE UD ESTE VENRES 16 EN ABANCA-RIAZOR E «COAS BOAS SENSACIÓNS DA SEGUNDA PARTE» EN ANOETA
O Dépor completou este luns 12 de outubro no Dépor Training Center a habitual sesión pospartido. «Hai que seguir, traballar e insistir nas cousas que estamos facendo ben», subliñou Mario Soriano ante os medios de comunicación en Anoeta.Os titulares en San Sebastián fixeron co grupo a activación e, a continuación, pasaron a tarefas de recuperación física no ximnasio e na sala de fisioterapia.Para os demais, incluídos os canteiráns Kevin Sánchez, Noé e Martín Ochoa, a mañá foi máis intensa.Este grupo de futbolistas realizou un xogo de posición, finalizacións e fútbol reducido para concluír.Deste xeito, o equipo arranca unha semana curta «pensando xa no Levante UD», segundo apunta Mario Soriano, rival este venres 16 de outubro ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR.Antonio Hidalgo subliña que o cadro chega «coas boas sensacións, sobre todo da segunda parte. Merecemos máis contra o Betis, hoxe (por onte) seguramente máis tamén».

O corpo técnico dispón para preparar o choque ante os levantinos de 4 sesións de adestramento matinais no Dépor Training Center, coa seguinte planificación:Luns 12 de outubro11:00 h.Martes 13 de outubro10:30 h.Mércores 14 de outubro10:30 h.Xoves 15 de outubro10:30 h.Venres 16 de outubro21:00: Deportivo - Levante UD, en ABANCA-RIAZOR

O Dépor visita o RCD Espanyol o sábado 7 de novembro ás 16:15...

Mario Soriano: "O Dépor deu a cara, demostrou que pode xogar ...

Antonio Hidaldo asegura que o partido ante a Real Sociedad "e...

Regreso esta noite de Os Nosos e nova sesión de traballo este...

O Dépor roza unha remontada heroica en Anoeta ante a Real Soc...

Resultados desta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, est...




