RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidaldo asegura que o partido ante a Real Sociedad "ensínache que somos capaces de facer moitísimas cousas"

DÉPOR · 12 OUTUBRO 2026

ANTONIO HIDALDO ASEGURA QUE O PARTIDO ANTE A REAL SOCIEDAD "ENSÍNACHE QUE SOMOS CAPACES DE FACER MOITÍSIMAS COUSAS"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de Anoeta que o partido ante a Real Sociedad "ensínache que somos capaces de facer moitísimas cousas".Iso si, o técnico deportivista admite que "seguramente no último terzo teñen que pasar máis cousas para facerlle dano a un rival ao que lle custou axustar o noso plan inicial. Cando o axustaron custounos ter máis fluidez, roubáronnos moito máis arriba e temos que ler mellor o partido. Na segunda parte custoulles axustar a posición de Riki. Metémolos en campo contrario e, aínda así, recibimos o terceiro gol".Queda con que "o equipo o intentou de todas as maneiras, os cambios déronnos ese plus e agora toca pensar no seguinte".O preparador branquiazul lamenta que "non fomos capaces de deixar a portería a cero, pero ata hoxe o equipo con menos goles encaixados na categoría levaba 6 e nós 8. Cos 3 de hoxe (por onte), 11. Entón si que é certo que con esa cantidade é difícil. Non creo que estivésemos mal, pero todos temos a sensación de que con demasiado pouco nos están penalizando. Xa sabemos onde estamos e temos que incidir niso, ser máis contundentes".Antonio Hidalgo insiste en que o Dépor "ten alma, e estamos en Primera División e é fodido enfrontarte a rivais como a Real, ser capaces de facer moitísimas cousas variando posicións e situacións que a Real ten que axustar. Cando é mellor ca ti, métete no teu campo, acaba afundíndote moito e márcache eses 2 goles. Isto é o que temos que mellorar".

Real Club Deportivo de A Coruña