
DÉPOR · 11 OUTUBRO 2026
O DÉPOR ROZA UNHA REMONTADA HEROICA EN ANOETA ANTE A REAL SOCIEDAD NUN PARTIDO NO QUE «COMO MÍNIMO MERECEMOS 1 PUNTO»
O Dépor regresou a LaLiga EA Sports este domingo 11 de outubro cunha derrota por 3-2 nun dos seus campos malditos, Anoeta, ante a Real Sociedad, en partido correspondente á 8ª xornada.Este resultado deixa a Os Nosos con 10 puntos na zona media da táboa.O balance xeral non deixa lugar a dúbidas: a Real gañou en 18 ocasións, por 9 empates e unicamente 10 vitorias deportivistas, que non gaña en Anoeta desde 2007."Tentamos darlle a volta con todo. O mellor xogador foi o seu porteiro. Como mínimo merecemos sacar 1 punto de aquí", comentou Antonio Hidalgo na sala de prensa.Lembra que "a categoría penalízate moitísimo e, aínda así, o equipo está sempre vivo, ten alma".Foron baixa para o partido ante os realistas os lesionados Eddahchouri, Aubameyang e Marc Casadó.Porén, o equipo puido contar cos 4 internacionais e cos 4 futbolistas que durante as 2 semanas sen liga estiveron con adestramento personalizado, caso de Luismi, Riki, Altimira ou Amatucci.Deles, Giménez, Bright Ede, Nsongo Bil e Luismi saíron de titulares.Ademais, respecto ao encontro ante o Real Betis de hai 3 semanas, tamén xogaron de inicio Villares no centro do campo por Riki e Yeremay, á postre declarado MVP do partido, por Asp Jensen.Kevin Sánchez, Noé e Martín Ochoa foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Comezou o Dépor mandando.A primeira chegou aos 5 minutos nun contragolpe lanzado por Yeremay, que mete ao espazo para Bil, cuxo disparo intercepta Sarr .Aos 8 minutos, Yere gaña a liña de fondo e Remiro saca o seu remate. O rexeitamento chégalle a Villares no bordo da área, que chuta fóra.Mandaba o Dépor ante unha Real que apenas se achegaba a Leo Román.Si dispararon os vascos case ao cuarto de hora nun balón que Barrene estrelou no lateral da rede."Ata o minuto 25 metemos á Real no seu campo. É certo que cando iso pasa temos que ter máis mordente, facer máis dano", manifestou o técnico deportivista na sala de prensa.Tan mal o vía Matarazzo, adestrador realista, que á media hora mandou quentar a 5 xogadores xusto antes de que o seu equipo se adiantase no marcador grazas a un remate de cabeza de Jon Martin, libre de marca no segundo pau, tras un saque de esquina.A Real Sociedad acertaba no seu primeiro disparo entre os 3 paus.O Dépor acusou o golpe e os vascos tentárono de novo cun disparo de Herrera, case sen ángulo, que marchou fóra.Os de Hidalgo perderon de vista a Remiro.No 34, cun disparo seco e raso desde a frontal da área, Herrera lograba o segundo e encarrilaba o encontro.Segundo remate a portería e segundo gol. Pleno de efectividade realista.O preparador do Dépor lamentouse dos 2 goles "que encaixamos con pouco. Houbo un momento da primeira parte no que sufrimos máis da conta. O meu temor era que o partido rematase aí".Na recta final da primeira metade, de novo Sarr crúzase nun chut franco, desta volta de Luismi Cruz, tras unha boa acción de Yeremay. Mario Soriano, desde moi lonxe, chuta excesivamente alto. O mediocentro deportivista estaba libre de marca.Xa no desconto, Giménez, de cabeza, obriga a Remiro a empregarse a fondo para enviar a saque de esquina. O centro foi de Luismi tras unha falta lateral.Co 2-0 chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios, Antonio Hidalgo introduciu o primeiro cambio. Riki saltou ao céspede por David Mella, que estaba amoestado.
O Dépor saíu ben ao campo, igual que na primeira metade, pero tras un posible penalti sobre Luismi que o colexiado non sinalou nin revisou no VAR, Guedes, á contra, subía o 3º ao marcador.Antonio Hidalgo ten "clarísima" a xogada: "Hai un empurrón no un contra un a Luismi. Vaise, empúrrao coa man arriba e logo tócao. Pouco, moito ou o que sexa, pero para min é falta. Despois teñen unha contra e castígannos co 3º".O banco deportivista reaccionou rápido: Adama, Alti e Amatucci entraron por Luismi, Ximo Navarro e Villares.E o equipo activouse.Bil, a centro de Adama, obrigou a Remiro a facer unha gran parada.Á hora de xogo, noutra boa contra deportivista conducida de novo por Adama pola banda dereita, Mario Soriano subía o 3-1 cun forte disparo raso desde a frontal. O madrileño estreaba a súa conta goleadora en LaLiga EA Sports.O partido cambiou de rumbo coa expulsión de Marín por agarrar a Bil cando este se dispoñía a rematar só ante Remiro na área pequena. O colexiado non dubidou en sinalar a pena máxima tras a comprobación do VAR.Yeremay transformou o penalti, logrou o seu primeiro tanto en Primeira e meteu de cheo ao Dépor no partido.Adama estivo a piques de lograr o empate cun disparo raso que volveu sacar Remiro, aínda que o colexiado invalidou a xogada ao apreciar falta do atacante deportivista sobre o seu par.Cun menos, a Real Sociedad cedeulle o campo ao Dépor, que se converteu en claro dominador.Yeremay probou fortuna no 77 e estivo a piques de marcar no minuto 78. Remiro evitouno con outra gran parada.Hidalgo meteu todo o que tiña no banco coa entrada de Asp Jensen por Quagliata.Pouco despois, un despexe de Remiro a centro de Altimira desde a banda dereita bateu nun defensor e o rexeitamento estivo a piques de coller portería.Noutra contra, Oyarzábal marchou por velocidade da adiantada defensa deportivista, pero Leo Román evitouno no man a man.O Dépor seguía vivo no partido nun final frenético.Riki puido igualar, pero o seu remate foi ao corpo de Remiro, "o mellor xogador deles", segundo recalcou Antonio Hidalgo.A Real Sociedad recibiu un balón de osíxeno definitivo coa expulsión de Amatucci no minuto 90. O árbitro do encontro, o rioxano Miguel Sesma, viu falta do italiano sobre Oyarzábal. Ao ser o último defensor, mostroulle o cartón vermello directo."Oyarzábal fai moito máis por poñerse na traxectoria de Ama", considera o técnico deportivista.Con igualdade numérica, o choque equilibrouse e xa non houbo tempo para máis ante un equipo vasco con experiencia para durmir o partido e afastar o balón de Remiro.Real Sociedad: Remiro, Jon Martín, Barrene (Héctor Fort, min. 88), Guedes (Ochieng, min. 57), Marin, Sergio Gómez, Soler (Zubeldia, min. 71), Sarr, Herrera, Zakharyan (Oyarzábal, min. 57) e SucicDeportivo: Leo Román, Ximo Navarro (Altimira, min. 57), Giménez, Bright Ede, Quagliata (Asp Jensen, min. 78), Villares (Amatucci, min. 57), Mario Soriano, Luismi Cruz (Adama, min. 57), Mella (Riki, min. 46), Yeremay e BilÁrbitro: Miguel Sesma, do comité rioxano. Amoestou a Mella (min. 40), Giménez (min. 71) e Herrera (min. 90). Expulsou a Marín con cartón vermello directo no minuto 69 por agarrar a Bil sendo o último home e a Amatucci no 90 por facerlle falta a Oyarzábal tamén como último defensor.Goles: 1-0 Jon Martin (min. 30); 2-0 Herrera (min. 34); 3-0 Guedes (min. 54); 3-1 Mario Soriano (min. 61); 3-2 Yeremay (min. 69)Incidencias: partido disputado en Anoeta ante 33.644 espectadores e coa presenza de máis de 600 deportivistas nas bancadas. Os dous equipos fixéronlle un corredor á canteirá realista Alazne Estensoro, campioa do mundo sub-20


Resultados desta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, est...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 11...

Daniela Caracas seguiu desde o banco o triunfo de Colombia an...

Michi Apóstol, no once inicial de Venezuela que se enfrontou ...

Sofía Domínguez xogou de titular no primeiro dos dous amigabl...

Resultados deste sábado 10 en ANOSACANTEIRA feminina e calend...