
DÉPOR · 12 OUTUBRO 2026
MARIO SORIANO: "O DÉPOR DEU A CARA, DEMOSTROU QUE PODE XOGAR DE TI A TI CONTRA ESTES RIVAIS"
Mario Soriano destacou na zona mixta de Anoeta que, tras o 3-0, "o equipo foi cara adiante, confiamos, estivemos vivos durante todo o encontro. Marcamos ese primeiro gol, logo o segundo. Con eles cun menos seguimos atacando, eles en bloque baixo. O Dépor deu unha boa imaxe".O mediocentro deportivista admite que os dous primeiros goles da Real Sociedad na primeira metade "son pequenos detalles que se poden evitar. Son equipos moi bos, con xogadores de Champions. Penalizáronnos a pesar de que nos primeiros 25 minutos estivemos ben, apenas crearon perigo".Sinala que tras o descanso o Dépor "saíu ben. Marcáronnos ese terceiro gol tamén con esa xogada dubidosa que a min me parece falta ou penalti, non sei se era dentro ou fóra"; pero aínda así pide para o futuro "facelo como na segunda parte que fixemos e cara adiante, que queda moito".Mario Soriano lembra que a Real Sociedad é "un equipo moi bo. É certo que non comezou da mellor maneira, pero sabemos os xogadores que ten, como quedaron o ano pasado, como o ten traballado o míster. Era un partido moi complicado en Donosti, pero o Dépor deu a cara, demostrou que pode xogar de ti a ti contra estes rivais".Finalmente afirma que no segundo gol realista "tiña que despexar claramente, pero seguín cara adiante porque todos cometemos erros. Estou feliz tamén por ese primeiro gol en Primera. Estou contento por iso, pero cun sabor agridoce por esa derrota".

O Dépor visita o RCD Espanyol o sábado 7 de novembro ás 16:15...

Os Nosos arrincan unha semana curta co Levante UD este venres...

Antonio Hidaldo asegura que o partido ante a Real Sociedad "e...

Regreso esta noite de Os Nosos e nova sesión de traballo este...

O Dépor roza unha remontada heroica en Anoeta ante a Real Soc...

Resultados desta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, est...