
CANTERA · 11 OUTUBRO 2026
RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA FEMININA, ESTE DOMINGO CON 22 GOLES A FAVOR NOS 3 PARTIDOS DISPUTADOS
Tres partidos disputáronse este domingo 11 en ANOSACANTEIRA feminina, cun balance de 22 goles a favor e 2 en contra.O Orzán SD Sub-21 impúxose na Torre ao Atlético San Pedro por 5-0, con tantos de Azucena, Daniela Macedo -2-, Amnah e Daniela Barbanzán.Con este resultado, as orzanistas suman 10 puntos na 6ª posición da Tercera Federación.A esa mesma hora e nese mesmo escenario, a Cidade Deportiva da Torre, o Orzán SD Xuvenil de Primera Autonómica goleou (7-2) ao Victoria FC B.Finalmente, tamén iniciou a liga o Orzán SD Infantil A na Grela 1 ante o Sporting Burgo: 10-0.Non obstante, o derbi de Segunda Federación entre As Celtas e o Dépor ABANCA B foi o encontro máis destacado da xornada en ANOSACANTEIRA feminina.
O encontro, correspondente á 6ª xornada, disputouse este sábado 10 de outubro na Madroa.As Nosas golearon por 0-5 e xa son as líderes da categoría.Dado que non houbo Liga F esta fin de semana polo parón das seleccións nacionais, o técnico deportivista Aitor puido contar coas futbolistas que habitualmente están na dinámica do primeiro equipo, como Carmen Carballada, Paula Hernández, Carla Casti ou Karla Bermejo.Este sábado tamén comezou a Liga Galega o Orzán SD Cadete, que superou o Sporting Cambre: 10-0.Finalmente, o Orzán SD Infantil B descansou nesta 1ª xornada.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación6ª xornada: AS CELTAS 0 - DEPORTIVO ABANCA B 5 (Antía Mayo -2-, Valbuena -2- e Karla)Tercera Federación5ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 5 (Azucena, Daniela Macedo -2-, Amnah e Daniela Barbanzán) - ATLÉTICO SAN PEDRO 0Primeira Autonómica5ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 7 (Valentina Fernández, Lorena Anastase, Rocío González, Marta Moreno -3- e Alexia Freire) - VICTORIA FC B 2Liga Galega cadete1ª xornada: ORZÁN SD CADETE 10 (Yaiza Domínguez -3-, Zoe Mahía, María López-Perales -3- e Alexia Quintela -3-) - SPORTING CAMBRE 0Liga Galega infantilGrupo A, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Daniela Mingo, Mencia Queijas -2-, María Navaza -2-, Vera Melki -3-, María Fandiño e Vera Ferreiro) - SPORTING BURGO 0

O Dépor roza unha remontada heroica en Anoeta ante a Real Soc...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 11...

Daniela Caracas seguiu desde o banco o triunfo de Colombia an...

Michi Apóstol, no once inicial de Venezuela que se enfrontou ...

Sofía Domínguez xogou de titular no primeiro dos dous amigabl...

Resultados deste sábado 10 en ANOSACANTEIRA feminina e calend...