
CANTERA · 10 OUTUBRO 2026
RESULTADOS DESTE SÁBADO 10 EN ANOSACANTEIRA FEMININA E CALENDARIO DESTE DOMINGO 11, CON 3 PARTIDOS ENTRE LA TORRE E LA GRELA 1
O derbi en Segunda Federación entre AS Celtas e o Dépor ABANCA B é o choque destacado da xornada en ANOSACANTEIRA feminina.O encontro, correspondente á 6ª xornada, disputouse este sábado 10 de outubro na Madroa.As Nosas golearon por 0-5 e xa son as líderes da categoría.Dado que non hai Liga F esta fin de semana polo parón das seleccións nacionais, o técnico deportivista Aitor puido contar coas futbolistas que habitualmente están en dinámica do primeiro equipo, como Carmen Carballada, Paula Hernández, Carla Casti (na foto principal da noticia) ou Karla Bermejo.Este sábado tamén comezou a Liga Galega o Orzán SD Cadete, que superou o Sporting Cambre: 10-0.Este domingo 11, o Orzán SD Sub-21, que marcha 7º na Tercera Federación, mídese ás 16:00 na Torre ao Atlético San Pedro.A esa mesma hora e nese mesmo escenario, a Ciudad Deportiva de La Torre, o Orzán SD Xuvenil de Primera Autonómica recibe o Victoria FC B.Finalmente, tamén comeza a liga o Orzán SD Infantil A, ás 12:15 na Grela 1 ante o Sporting Burgo.Descansa o Orzán SD Infantil B nesta 1ª xornada.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Segunda Federación6ª xornada: AS CELTAS 0 - DEPORTIVO ABANCA B 5 (Antía Mayo -2-, Valbuena -2- e Karla)Tercera Federación5ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - ATLÉTICO SAN PEDRO, o domingo 11 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)Primera Autonómica5ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - VICTORIA FC B, o domingo 11 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)Liga Galega cadete1ª xornada: ORZÁN SD CADETE 10 (Yaiza Domínguez -3-, Zoe Mahía, María López-Perales -3- e Alexia Quintela -3-) - SPORTING CAMBRE 0Liga Galega infantilGrupo A, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - SPORTING BURGO, o domingo 11 de outubro ás 12:15 na Grela 1

O Dépor ABANCA B golea en Vigo a As Celtas e xa manda en Segu...

Derrota pola mínima do Fabril malia que "volvemos á senda do ...

Resultados deste sábado 10, con derrota pola mínima do Fabril...

Longa fin de semana de descanso para un Dépor ABANCA sen liga...

O Dépor afronta o regreso á liga este domingo 11 de outubro a...

O Deportivo Genuine e a Asociación Pro Enfermos Mentales únen...