RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Derrota pola mínima do Fabril malia que "volvemos á senda do equipo que eramos"

DÉPOR FABRIL · 10 OUTUBRO 2026

DERROTA POLA MÍNIMA DO FABRIL MALIA QUE "VOLVEMOS Á SENDA DO EQUIPO QUE ERAMOS"

O Fabril caeu pola mínima (0-1) en ABANCA-RIAZOR ante o Racing de Ferrol no partido correspondente á 7ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.Este resultado deixa o filial con 8 puntos na metade da táboa.«O acerto é o que manda, pero voume bastante máis tranquilo e contento que en partidos anteriores porque volvemos á senda do equipo que eramos», resumiu Manuel Pablo na sala de prensa.O equipo branquiazul recuperou a Dani Estévez, que tivo minutos na segunda metade, aínda que continuou coas baixas de Álex Marqués, Jairo, Damián Canedo, Manu Ferreiro, Manu Serrano e Dipanda, aos que se uniu o xuvenil Mauro Valeiro.Así mesmo, Martín Ochoa, Kevin e Noé desprazáronse co primeiro equipo a San Sebastián.«Intentamos ter esa enerxía, apertar, ter o balón, intentar chegar. Arriba custounos, aínda que tivemos chegadas», engadiu o preparador do Fabril.O Fabril fíxose coa posesión do balón desde o asubío inicial.O primeiro remate con perigo correu a cargo de Quique Teijo, hoxe central. Avanzou sen oposición e o seu disparo, moi forte, desviouno o porteiro ferrolán a saque de esquina cunha gran parada.Respondeu o Racing de Ferrol cun remate á media volta de Dani Ojeda que obrigou a Hugo Ríos a facer unha gran parada.O equipo racinguista adiantouse no marcador ao fío do descanso. Ropero recibiu na área fabrilista libre de marca, foise de Samu e cruzou o balón raso ante a saída de Hugo Ríos.Manuel Pablo falou de «un descoido, unha desconexión, na que eles xogaron ben, rápido, e nun rebote que os favoreceu puxéronse por diante».O Fabril marchaba ao descanso por detrás no marcador: 0-1.Tras o paso polos vestiarios, o adestrador do Fabril admitiu que «despois custounos».Á hora de partido, Álvaro Ramón viu o seu segundo cartón amarelo por un claro pisotón a Mardones, polo que o Racing afrontaba o treito final do encontro cun xogador menos.Manuel Pablo deu entrada a toda a súa artillaría, incluídos os dianteiros xuvenís Leandro Altieri e Diego Martínez, para intentar rescatar polo menos un punto.«Cun máis non tivemos velocidade para chegar por fóra. Eles xuntáronse bastante ben. Case tivemos menos opcións», lamentou Manuel Pablo.Nos instantes finais, o colexiado do encontro, o vasco Ekaitz Ikiñi, acudiu á pantalla para revisar un posible penalti de Migue sobre Rubén López cando o capitán do Fabril ía rematar no segundo pau. Finalmente, o árbitro non apreciou penalti e o encontro rematou 0-1.Fabril: Hugo Ríos, Mardones (Pablo García, min. 70), Quique Teijo, Samu, Íker Vidal, Rubén López, Koke (Dani Estévez, min. 77), Guerrero (Leandro Altieri, min. 77), Justino (Domínguez, min. 60), Álvaro Fraga (Diego Martínez, min. 70) e Íker GilRacing de Ferrol: Lucas, Migue, Novoa, Monju, Fabio, Esquerdo (Bernal, min. 53), Ropero (Arroyo, min. 53), Dani Ojeda (D. Castro, min. 72), Raúl Blanco (Saúl, min. 72), Álvaro R.A. e E. Eto'o (Raúl Alcaina, min. 61)Árbitro: Ekaitz Ikiñi, do comité vasco. Amoestou a Raúl Blanco (min. 29), Fabio (min. 46), Álvaro Ramón (min. 54 e min. 67), Quique Teijo (min. 79) e Samu (min. 87)Gol: 0-1 Ropero (min. 44)Incidencias: partido correspondente á 7ª xornada disputado en ABANCA-RIAZOR ante 2.761 espectadores