
DÉPOR ABANCA B · 10 OUTUBRO 2026
O DÉPOR ABANCA B GOLEA EN VIGO A AS CELTAS E XA MANDA EN SEGUNDA FEDERACIÓN
O Dépor ABANCA B goleou por 0-5 a As Celtas na Madroa en partido correspondente á 6ª xornada de Segunda Federación.A superioridade branquiazul foi total desde o asubío inicial e plasmouse nos goles de Antía Mayo -2-, Valbuena -2- e Karla.Con este resultado, As Nosas, con 15 puntos, son xa as líderes da categoría.Debido ao parón na Liga F polos compromisos das seleccións nacionais, o técnico deportivista Aitor puido contar con futbolistas en dinámica do primeiro equipo como Paula Hernández, Carla Casti, Karla Bermejo ou Carmen Carballada.Deportivo ABANCA B: Ana Seoane, Noe Mayo (Laura Ruiz, min. 63), Sara Barreda, Marta Rico (Sara Cercido, min. 75), Jenny Corros, Antía Mayo (Claudia Sande, min. 63), Paula Hernández, Valbuena (Carmen, min. 75), Karla, Carla Casti e Adelaida (Sonso, min. 55)A próxima semana non hai liga en Segunda Federación. Así pois, a seguinte cita para o Dépor ABANCA B será o domingo 25 de outubro ás 17:00 no campo Arsenio Iglesias ante o Madrid CFF B.Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:Fundación Rayo Vallecano 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Marta Rico, Elsa Ayats, Sara Cercido, Jenny Corros e Valbuena)SD Eibar B 2 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 4 (Karla, Sara Barreda, Antía Mayo e Elsa Ayats) - Real Racing Club 0CD Arratia 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Antía Mayo, Jenny Corros e unha futbolista rival en propia meta)Deportivo ABANCA B 3 (Paula Hernández -2- e Antía Mayo) - CD Filial de Fundación Atlético Osasuna 0As Celtas 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Antía Mayo -2-, Valbuena -2- e Karla)

Resultados deste sábado 10 en ANOSACANTEIRA feminina e calend...

Derrota pola mínima do Fabril malia que "volvemos á senda do ...

Resultados deste sábado 10, con derrota pola mínima do Fabril...

Longa fin de semana de descanso para un Dépor ABANCA sen liga...

O Dépor afronta o regreso á liga este domingo 11 de outubro a...

O Deportivo Genuine e a Asociación Pro Enfermos Mentales únen...