RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Longa fin de semana de descanso para un Dépor ABANCA sen liga polos compromisos das seleccións nacionais

DÉPOR ABANCA · 10 OUTUBRO 2026

LONGA FIN DE SEMANA DE DESCANSO PARA UN DÉPOR ABANCA SEN LIGA POLOS COMPROMISOS DAS SELECCIÓNS NACIONAIS

O Dépor ABANCA goza dunha longa fin de semana de descanso debido ao parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais.A semana de traballo concluíu este venres 9 de outubro cun partido de adestramento ante o Dépor ABANCA B no campo Arsenio Iglesias.Loxicamente, estes días están fóra do Dépor Training Center as internacionais Inês Pereira, Sofía Domínguez, Daniela Caracas e Michi Apóstol; ademais de Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 para o Campionato do Mundo en Marrocos.

abanca1010.jpg

Alberto Rodríguez citou de novo o seu cadro de xogadoras o martes 13 de outubro para unha sesión de traballo que comezará ás 11:00 no céspede.As Nosas retomarán a Liga F o domingo 18 de outubro ás 16:00 en Ipurúa ante a SD Eibar, nun partido retransmitido en directo por Dazn e RTVE Play.

elenavazquez1010.jpg