
DÉPOR ABANCA · 9 OUTUBRO 2026
INÊS PEREIRA FOI TITULAR ESTE VENRES 9 ANTE IRLANDA DO NORTE NO ENCONTRO DE IDA DO PLAY OFF DE CLASIFICACIÓN PARA O MUNDIAL
Foto: https://x.com/selecaoportugalInês Pereira está concentrada con Portugal para disputar ante Irlanda do Norte o play off de clasificación para o Mundial 2027 en Brasil.O primeiro partido para a gardameta deportivista disputouse este venres 9 de outubro no estadio Inver Park, situado na localidade norirlandesa de Larne.A futbolista do Dépor ABANCA xogou os 90 minutos dun encontro que as lusas resolveron cunha goleada por 0-4, o que deixa a eliminatoria practicamente sentenciada.A volta entre ambos os conxuntos celebrarase o martes 13 de outubro ás 19:15 (hora local, 20:15 en Galicia) no Estadio Municipal de Portimao.O calendario de partidos de Inês Pereira, cos resultados dos encontros xa disputados, é o seguinte:Venres 9 de outubroIRLANDA DO NORTE 0 - PORTUGAL 4Martes 13 de outubro19:15 (20:15 hora galega): PORTUGAL - IRLANDA DO NORTE, no Estadio Municipal de PortimaoInês Pereira, con contrato ata 2029 no Dépor ABANCA, leva esta temporada 3 partidos disputados, 2 deles como titular.

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...

El Fabril recibe ao Racing de Ferrol este sábado 10 en ABANCA...