RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor afronta o regreso á liga este domingo 11 de outubro ante a Real Sociedad en Anoeta con baixas que "nunca chegan en bo momento"

DÉPOR · 10 OUTUBRO 2026

O DÉPOR AFRONTA O REGRESO Á LIGA ESTE DOMINGO 11 DE OUTUBRO ANTE A REAL SOCIEDAD EN ANOETA CON BAIXAS QUE "NUNCA CHEGAN EN BO MOMENTO"

O Dépor regresa a LaLiga EA Sports este domingo 11 de outubro ás 16:15 (Dazn) en Anoeta ante a Real Sociedad, nun partido correspondente á 8ª xornada.Os Nosos chegan ao encontro na 7ª posición da táboa con 10 puntos.Son baixa para o partido ante os realistas os lesionados Eddahchouri, Aubameyang e Marc Casadó. «Nunca veñen nun bo momento», reflexionou ante os medios de comunicación o técnico deportivista. «O bo que tivo o parón é que son semanas que se restan sen competición. Imos ver como evolucionan e agardamos telos canto antes», engadiu.Porén, o equipo poderá contar con futbolistas que durante as 2 semanas sen liga estiveron cun adestramento personalizado, como Luismi, Riki, Altimira ou Amatucci.Precisamente sobre o centrocampista italiano, un dos futbolistas con máis minutos na liga do cadro de xogadores, o adestrador do Dépor confirma que «está para xogar. Estivo un par de semanas á marxe do grupo. Hai que ver canta carga de minutos vai poder soportar, pero transmitiume boas sensacións e estará dispoñible».Tamén están no grupo os internacionais, aínda que algúns cunha gran carga de minutos coas súas seleccións: Lucas Noubi xogou completos os 3 partidos con Bélxica Sub-21 e Bright Ede os 2 con Polonia Sub-21. Ademais, Bil participou na segunda parte dos 3 encontros de Camerún; e Giménez, aínda que foi o que menos minutos xogou, con 86 dun total de 270, deuse unha malleira de 33.000 quilómetros ao viaxar a Xapón, Corea do Sur e a India.«A fatiga vai existir. Lucas xogou todos os minutos, Bright tamén moitos. 'Pela' (Giménez) participou menos, pero a súa viaxe foi máis longa. Bil tamén tivo participación, pero creo que van chegar con tempo suficiente para poder descansar e estar en perfectas condicións o domingo», apunta Hidalgo.Coas ausencias obrigadas, quere que «os xogadores que poidan participar teñan a mente aberta para facelo en diferentes posicións e que se atopen cómodos. Para min é o principal como adestrador».Insiste en «ir xogando coas diferentes posibilidades que temos, algo que xa fomos quen de facer moitas veces».

luismiymella1010.jpg

Cos dianteiros 'Auba' e Zaka na Coruña, o internacional camerunés Nsongo Bil queda como único dianteiro dispoñible do primeiro equipo.O preparador deportivista opina de Bil que "todo o bo que lle pase teno merecido porque é unha persoa espectacular, un rapaz exemplar, que ten unha ilusión tremenda, que coida dos seus, coida da súa xente, que o dá todo polo Club".Os Nosos realizaron este sábado 10 o último ensaio no Dépor Training Center.Os branquiazuis adiantaron a hora da sesión ás 10:00, en lugar das 10:30, porque o Dépor se desprazará a San Sebastián, vía Vitoria, nun voo que despega do Aeroporto da Coruña a primeira hora da tarde.Noé, Kevin Sánchez e Martín Ochoa foron os representantes de ANOSACANTEIRA.O corpo técnico, tras unha activación, dispuxo un repaso ás accións a balón parado e fútbol en espazo reducido.Pola súa banda, a Real Sociedad é 8ª cos mesmos puntos que o Dépor, 10.Esta temporada en Anoeta venceu o RCD Espanyol (2-1), empatou co RC Celta (0-0) e caeu co Atlético de Madrid (0-3).Finalizado o encontro, o Dépor adestra de novo o luns 12 de outubro ás 10:30 no Dépor Training Center.

  • danibarcia1010.jpg
  • ferllo1010.jpg
  • mariosoriano1010.jpg
  • gimenez1010.jpg
  • brightede1010.jpg