RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 11 con remontada do Xuvenil A en Santander nos últimos 15 minutos

CANTERA · 11 OUTUBRO 2026

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA, ESTE DOMINGO 11 CON REMONTADA DO XUVENIL A EN SANTANDER NOS ÚLTIMOS 15 MINUTOS

Unicamente 2 partidos se xogaron este domingo 11 de outubro en ANOSACANTEIRA.O Xuvenil A venceu ao Real Racing Club (1-2) e o Cadete (na foto principal da noticia) ao Ural Español CF (5-1).Os de Miguel Figueira foron quen de remontar ante os cántabros nos últimos 15 minutos grazas a un dobrete de Miguel de Labra.Así mesmo, este sábado 10 viviuse unha intensa xornada, cun total de 9 partidos.De todos eles destacou o partido entre o Fabril e o Racing de Ferrol en ABANCA-RIAZOR.Os fabrilistas caeron pola mínima (0-1) grazas a un tanto ao fío do descanso e non puideron rescatar polo menos 1 punto malia xogar cun home máis a última media hora.Así pois, o filial queda con 8 puntos na metade da táboa.Manuel Pablo lamentou que, cun home máis no campo desde o minuto 61, "non lle demos velocidade ao balón. Intentámolo moito por dentro, eles xuntaron as dúas liñas e era moi difícil. A opción era intentar chegar por fóra e buscar centros".O técnico fabrilista insiste en que "estivemos ben na construción do xogo, nas situacións de continuidade. Faltounos mordente. Os equipos defenden forte e cando temos situacións de roubo ou de vantaxe fáltanos un pouco de malicia. Temos que seguir medrando niso".

Real Club Deportivo de A Coruña

Ademais dos alevíns e benxamíns de fútbol 7, o único equipo que xogou na casa foi o San Tirso SD Infantil. Os 'verdes' caeron no Monte ante o Racing de Ferrol por 0-1.Fóra competiu o Xuvenil B en Santa Isabel ante o CD Conxo Santiago (2-1), o San Tirso SD Cadete na Grela 1 fronte ao Victoria CF (0-1) e o Infantil no Municipal Rodríguez Lago fronte ao CD Lugo (0-9).Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Primera Federación7ª xornada: FABRIL 0 - RACING DE FERROL 1Categoría xuvenilDivisión de Honor, 5ª xornada: REAL RACING CLUB 1 - XUVENIL A 2 (Miguel de Labra -2-)Liga Nacional, 6ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 2 - XUVENIL B 1 (Elías)Categoría cadeteDivisión de Honor, 5ª xornada: CADETE 5 (Antón Vilariño -2-, Hugo Caridad, Tiago Caamaño e Adrián Fernández) - URAL ESPAÑOL CF 1División de Honor, 5ª xornada: VICTORIA CF 0 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Santi Durán)

santirsosdinfantil1011.jpg

Categoría infantilDivisión de Honor, 5ª xornada: CD LUGO 0 - INFANTIL 9 (Alejandro Astray, Hugo Pardo -3-, Bruno Trashorras, Hugo Álvarez, Yago Fernández, Iago Pita e un futbolista rival en propia meta)División de Honor, 5ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - RACING DE FERROL 1Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 4ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - ALEVÍN A 6 (Mateo Pastorín -2-, Asier Órdax, Nico Castro, Martín Coronel e Pablo Gómez)Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada (martes 6): FABRIL FC ALEVÍN 3 (Pablo Campanero, Tomás Sánchez e Mateo Ramos) - SD ACEA DE AMA 3Primera Futgal A Coruña, 4ª xornada: SPORTING CAMBRE 0 - FABRIL FC ALEVÍN 12 (Pablo Campanero -3-, Hugo Rey -2-, Hugo Cancela -2-, Manu López -2-, Saúl Gómez, Nico Mariño e Mateo Ramos)Categoría benxamínPrimeira Futgal A Coruña, 4ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - BENXAMÍN A 8 (Óscar Lijó -3-, Álex Martínez -2-, Tomás Lorenzo -2- e Jaime Fraga)Primeira Futgal A Coruña, 4ª xornada: SILVA SD 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Hugo Fernández 4, Xisco Muñoz -2-, René Grefa -2- e Teo Barreiro)

benjamina1011.jpg