RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Inês Pereira non tivo minutos no novo triunfo de Portugal ante Irlanda do Norte no play off de clasificación para o Mundial

DÉPOR ABANCA · 13 OUTUBRO 2026

INÊS PEREIRA NON TIVO MINUTOS NO NOVO TRIUNFO DE PORTUGAL ANTE IRLANDA DO NORTE NO PLAY OFF DE CLASIFICACIÓN PARA O MUNDIAL

Foto: https://x.com/selecaoportugalInês Pereira estivo concentrada con Portugal para disputar ante Irlanda do Norte a 1ª rolda de clasificación para o Mundial 2027 en Brasil.A volta entre ambos os conxuntos celebrouse este martes 13 de outubro no Estadio Municipal de Portimao.A gardameta branquiazul non tivo minutos e seguiu desde o banco un novo triunfo luso por 3-1.O encontro de ida disputouse o pasado venres 9 de outubro no estadio Inver Park, situado na localidade norirlandesa de Larne.Nesta ocasión, a futbolista do Dépor ABANCA xogou os 90 minutos dun encontro que as lusas resolveron cunha goleada por 0-4.Os resultados de Inês Pereira nesta 1ª rolda foron os seguintes:Venres 9 de outubroIRLANDA DO NORTE 0 - PORTUGAL 4Martes 13 de outubroPORTUGAL 3 - IRLANDA DO NORTE 1Superada Irlanda do Norte, o rival de Portugal na 2ª rolda será Islandia.Inês Pereira, con contrato ata 2029 no Dépor ABANCA, leva esta temporada 3 partidos xogados, 2 deles como titular.Despois do seu paso pola selección, a xogadora branquiazul incorporarase este xoves 15 aos adestramentos co Dépor ABANCA.