
CANTERA · 13 OUTUBRO 2026
CALENDARIO DE PARTIDOS EN ANOSACANTEIRA, CON DERBI PARA O FABRIL EN LUGO E PARA O CADETE EN VIGO
Esta semana deixa en ANOSACANTEIRA un novo derbi para o Fabril, desta volta o sábado 17 de outubro ás 16:30 (TVG) ante o CD Lugo no Estadio Anxo Carro.Os fabrilistas chegan ao encontro con 8 puntos na 13ª posición, mentres que os lucenses son colíderes con 16 puntos, os mesmos que a UD Logroñés.Manuel Pablo ten a 3 dos seus en dinámica do primeiro equipo: Noé, Kevin e Martín Ochoa. Estes futbolistas xa non estiveron a pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante o Racing de Ferrol.Tamén o sábado, o San Tirso SD Cadete recibe o CD Lugo (10:30 no O Monte) e o Infantil, o Pontevedra CF (11:30 no Dépor Training Center).E o Cadete visita o RC Celta (12:00 na Madroa) nun dos encontros da fin de semana. Ambos os equipos, os dous grandes candidatos ao título da División de Honor, chegan empatados a 15 puntos á fronte da clasificación.Ademais, o San Tirso SD Infantil mídese ao AJ Lérez ás 16:00 no campo pontevedrés Manolo Barreiro.Finalmente, na Torre xogan o Alevín A (10:30), o Fabril FC Alevín (13:30) e o Fabril FC Benxamín (12:30).O partido ligueiro do Benxamín A ante o Santa María del Mar trasládase ao mércores 21 de outubro pola participación do conxunto blanquiazul na Kölner U10 Herbst Cup en Alemaña.Para o domingo 18 quedan os partidos dos xuvenís no Dépor Training Center: o A (na foto principal da noticia), no campo Arsenio Iglesias (12:00) ante a SD Compostela, e o B de Liga Nacional (11:30), no campo de herba sintética.

O calendario de partidos é o seguinte:Primera Federación8ª xornada: CD LUGO - FABRIL, o sábado 17 de outubro ás 16:30 no Estadio Anxo CarroClasificación: 1. UD Logroñés e CD Lugo, 16 puntos... 10. Real Unión Club, CD Extremadura e AD Mérida, 9 puntos; 13. Real Avilés Industrial, Fabril e Pontevedra CF, 8 puntos; 16. Unionistas de Salamanca CF, 7 puntos...Categoría xuvenil6ª xornada: XUVENIL A - SD COMPOSTELA, o domingo 18 de outubro ás 12:00 no campo Arsenio IglesiasClasificación da División de Honor: .... 2. Sporting de Gijón e CD Lugo, 13 puntos; 4. Xuvenil A e ED Val Miñor Nigrán, 12 puntos... 10. SD Compostela, 6 puntos...7ª xornada: XUVENIL B - CORUXO FC, o domingo 18 de outubro ás 11:15 no Dépor Training CenterClasificación da Liga Nacional: ... 4. Coruxo FC, 12 puntos... 7. Racing de Ferrol e Arosa SC, 8 puntos; 9. Xuvenil B, Pontevedra CF, UD Ourense e CD Choco, 7 puntos...Categoría cadete6ª xornada: RC CELTA - CADETE, o sábado 17 de outubro ás 12:00 na Madroa6ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - CD LUGO, o sábado 17 de outubro ás 10:30 no MonteClasificación da División de Honor: 1. Cadete e RC Celta, 15 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 13 puntos; 4. Ural Español CF e Bergantiños CF, 10 puntos... 15. CD Lugo, 0 puntos...Categoría infantil6ª xornada: INFANTIL - PONTEVEDRA CF, o sábado 17 de outubro ás 11:30 no Dépor Training Center6ª xornada: AJ LÉREZ - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 17 de outubro ás 16:00 no campo Manolo Barreiro 1 (Pontevedra)Clasificación da División de Honor: 1. RC Celta, 15 puntos; 2. Infantil e ED Val Miñor Nigrán, 12 puntos... 4. Racing de Ferrol, 11 puntos; 5. ED Xuventude de Oroso, 10 puntos; 6. San Tirso SD Infantil e Ural Español CF, 9 puntos... 10. Pontevedra CF, 5 puntos... 12. AJ Lérez, 4 puntos...Categoría alevín5ª xornada: ALEVÍN A - ATLÉTICO ARTEIXO, o sábado 17 de outubro ás 10:30 na Torre (campo 2.1)5ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 17 de outubro ás 13:30 na Torre (campo 1.1)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A e Atlético Coruña Montañeros CF, 12 puntos; 3. Ural Español CF, 9 puntos; 4. SD Acea de Ama, 8 puntos; 5. Fabril FC Alevín, ED Luis Calvo Sanz e Oza Juvenil SD, 7 puntos... 14. Atlético Arteixo, 1 punto...Categoría benxamín5ª xornada: BENXAMÍN A - SANTA MARÍA DEL MAR, o mércores 21 de outubro ás 18:15 en Santa María del MAR5ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 17 de outubro ás 12:30 na Torre (campo 1.2)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A e Atlético Coruña Montañeros CF, 12 puntos; 3. Victoria CF, Fabril FC Benxamín, Atlético Castros e CD Calasanz, 9 puntos... 14. Santa María del Mar, 0 puntos...Kölner U10 Herbst Cup en AlemañaSábado 17 de outubro12:30: SV AUWEILER ESCH SCHWARZ - BENXAMÍN A13:33: TSV MEERBUSCH - BENXAMÍN A15:18: BENXAMÍN A - CfR PFORZHEIM16:21: GRASSHOPPERS CLUB - BENXAMÍN AEn función da clasificación, os equipos pasan á segunda fase.


Inês Pereira non tivo minutos no novo triunfo de Portugal ant...

Á venda as entradas para o público para o Dépor - CA Osasuna ...

O Dépor sobe o ritmo de traballo cunha sesión de martes de al...

Daniela Caracas xoga o seu segundo amigable ante Venezuela ne...

Segundo test de Michi Apóstol e Venezuela ante Colombia, este...

Sofía Domínguez vólvese ver con Brasil este martes 13 na cida...