RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Orgullo e sentimento blanquiazul para recibir o Dépor este mediodía no Aeroporto da Coruña

DÉPOR · 9 MAIO 2026

ORGULLO E SENTIMENTO BLANQUIAZUL PARA RECIBIR O DÉPOR ESTE MEDIODÍA NO AEROPORTO DA CORUÑA

Nada máis pitar Dámaso Arcediano o final do partido ante o Cádiz CF, a euforia invadiu a bancada do JP Financial Estadio e ao deportivismo que seguiu o encontro desde case mil quilómetros de distancia.As redes sociais convertéronse nesta ocasión no punto de encontro para concretar un recibimento á expedición deportivista á súa chegada a A Coruña este sábado 9 de maio.Dito e feito. Os Nosos atopáronse con máis de 600 afeccionados de todas as idades na terminal do Aeroporto de A Coruña.Máis de 600 voces, un só sentimento. Uns intres que foron o reflexo dunha afección que nunca deixa de crer.Entre aplausos, cánticos e emoción, futbolistas e técnicos sentiron de preto o orgullo e a forza de toda unha cidade que camiña ao seu carón en cada paso.Cando o corazón empurra unido, non existen distancias nin límites.ANOSAFORZA e o Club seguen soñando xuntos.

20260509_loureiro.jpg

Xa no Dépor Training Center, os preparadores físicos dispuxeron dunha suave sesión de activación de apenas 30 minutos para os futbolistas que non actuaron de inicio ante o Cádiz CF.Para os titulares houbo tarefas de recuperación física no ximnasio e na padiola dos fisioterapeutas.Os Nosos descansan este domingo 10 e o luns 11 de maio; e comezarán o martes 12 a preparar a visita do FC Andorra a ABANCA-RIAZOR, prevista para o domingo 17 de maio ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion).Stoichkov, un dos protagonistas do encontro en Cádiz, advertiu na zona mixta do JP Financial Estadio que "agora é onde te xogas a tempada" e ademais recalca que no equipo deportivista "calquera que entre pode facelo ben".O dianteiro gaditano cre que "temos que centrarnos en nós, planificar a semana e tentar levarnos os 3 puntos en ABANCA-RIAZOR",

20260509_busdepor.jpg