
DÉPOR · 9 MAIO 2026
ANTONIO HIDALGO: "O MÁIS IMPORTANTE FOI TER PAUSA"
Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do JP Financial Estadio que "o máis importante foi ter pausa, sobre todo á hora de non volvérmonos tolos por querer sumar moita máis xente ao ataque e desordenarnos. Seguimos empurrando".Insiste en que "os cambios déronnos esa presenza, esa profundidade que nalgún momento nos faltaba".O técnico deportivista cre que "tivemos ocasións suficientes para poñernos por diante pero logo vaise abrindo todo. A parada de Álvaro deunos esa tranquilidade. Ao final sumamos 3 máis e seguimos na loita, que é o máis importante".Finalmente Antonio Hidalgo admite que "hai moita tensión. Xogámonos todos moitísimo. Todo vai nunha acción, nun detalle. Hai que ter a cabeza fría en moitos momentos. Niso nós estamos lendo ben os partidos. O máis importante hoxe era sumar de 3".

Ximo Navarro cre que "co paso dos partidos estaremos mellor"

Antonio Hidalgo admite que "esa falta de frescura penalizouno...

Lucía Pardo: "Demostramos a fame que temos, as ganas, a ilusi...

O Dépor suma un punto ante o Elche CF no seu regreso a LaLiga...

O RC Deportivo sorteará entre os seus abonados as entradas pa...

O Dépor ABANCA entra na recta final da pretemporada