RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados deste sábado 9 de maio en ANOSACANTEIRA e calendario deste domingo 10, con 3 partidos con representación deportivista lonxe do Dépor Training Center

CANTERA · 9 MAIO 2026

RESULTADOS DESTE SÁBADO 9 DE MAIO EN ANOSACANTEIRA E CALENDARIO DESTE DOMINGO 10, CON 3 PARTIDOS CON REPRESENTACIÓN DEPORTIVISTA LONXE DO DÉPOR TRAINING CENTER

Este domingo 10 de maio celébranse 3 encontros con representación deportivista, todos eles lonxe do Dépor Training Center.O Xuvenil B visita ao ED Val Miñor Nigrán B (11:10 en Condomínguez), o San Tirso SD Cadete ao Victoria CF (10:00 en La Grela 1) e o Infantil á Escola de Fútbol DSF (12:30 no campo Penedo Redondo de Salceda de Caselas).A semana pecharase o luns 11 de maio ás 18:45 en O Monte co choque do Alevín fronte ao San Tirso SD correspondente ao Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.Coa liga rematada para o Fabril e o Xuvenil A, e co Xuvenil B xa subcampión da Liga Nacional a falta de 2 xornadas, a atención de ANOSACANTEIRA estivo no campo ferrolán de Aneiros.Este sábado 9 de maio o Cadete (na foto principal da nova) empatou co Racing de Ferrol (1-1) e terá que agardar á última xornada para tentar ser campión da División de Honra.Un total de 78 puntos suman os deportivistas por 76 os célticos.O empate valeríalle ao Dépor fronte á UD Santa Mariña no Dépor Training Center porque en caso de igualdade a puntos cos celetes na clasificación quedarían por diante os branquiazuis.Tamén o sábado 9 xogouse en O Monte o San Tirso SD Infantil 3 - Atlético Coruña Montañeros CF 2.Con este resultado, os 'verdes' (na foto entre o texto) son sétimos na táboa con 43 puntos.Finalmente, o Alevín A e o Benxamín A (na foto inferior) clasificáronse para a Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8 tras a Fase Intermedia disputada en A Porta Santa (Paiosaco, Laracha).O Fabril FC Alevín caeu nas semifinais fronte á SD Compostela.

20260510_santirsosdinfantil.jpg

O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Categoría xuvenilLiga Nacional, 33ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN B - XUVENIL B, o domingo 10 de maio ás 11:10 en CondomínguezCategoría cadeteDivisión de Honra, 29ª xornada: RACING DE FERROL 1 - CADETE 1 (Naveira)División de Honra, 29ª xornada: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 10 de maio ás 10:00 en La Grela 1Categoría infantilDivisión de Honra, 29ª xornada: ESCOLA DE FÚTBOL DSF - INFANTIL, o domingo 10 de maio ás 12:30 no campo Penedo Redondo (Salceda de Caselas)División de Honra, 29ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Mateo Cortizas, Yago Fernández e Eliam) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2Categoría alevínTrofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 12ª xornada: ALEVÍN - SAN TIRSO SD, o luns 11 de maio ás 18:45 en O MonteFase Intermedia do Campionato Galego, en A Porta Santa (Paiosaco, Laracha)Sábado 9 de maioPrimera FaseALEVIN A 6 (Mateo Songo'o, Adrián Míguez, Adrián Liñares, Mateo Cardelle, Saúl Cancela e Álex Casado) - RACING DE FERROL 0ADC A PIRINGALLA 0 - ALEVÍN A 5 (Enzo Fernández -2-, Mateo Songo'o, Álex Casado e Diego Castelo)ALEVÍN A 3 (Mateo Songo'o, Adrián Liñares e Enzo Fernández) - SD COMPOSTELA 0VICTORIA CF 1 - ALEVÍN A 2 (Alberto Novo e Enzo Fernández)SemifinaisALEVÍN A 3 (Adrián Prieto, Mateo Songo'o e Leo Lorenzo) - BERTAMIRÁNS FC 1Fase Intermedia do Campionato Galego, en A Porta Santa (Paiosaco, Laracha)Sábado 9 de maioPrimera FaseFABRIL FC ALEVÍN 2 (Pablo Gómez -2-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1XALLAS FC 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Pablo Gómez, Manu Parada e Leo Galbán)FABRIL FC ALEVÍN 0 - CD LUGO 0FABRIL FC ALEVÍN 4 (César Leira -2-, Nico Castro e Joel Losada) - BERTAMIRÁNS FC 1SemifinaisFABRIL FC ALEVÍN 0 - SD COMPOSTELA 2Categoría benxamínFase Intermedia do Campionato Galego, en A Porta Santa (Paiosaco, Laracha)Sábado 9 de maioPrimera FaseADC A PIRINGALLA 0 - BENXAMÍN A 4 (Ian Lata, Manu López, Xosé Varela e Saúl Gómez)BENXAMÍN A 3 (Pablo Campanero, Hugo Cancela e Tomás Sánchez) - ED LUIS CALVO 0ED XUVENTUDE DE OROSO 0 - BENXAMÍN A 8 (Tomás Sánchez -3-, Pablo Campanero -3-, Xosé Varela e Hugo Cancela)EF CONCELLO DE BOIRO 0 - BENXAMÍN A 9 (Tomás Sánchez -4-, Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos e Hugo Rey)SemifinaisBENXAMÍN A 7 (Hugo Cancela -3-, Tomás Sánchez -3- e Pablo Campanero) - CD CALASANZ 1

20260510_benjamina.jpg