
DÉPOR ABANCA · 19 ABRIL 2025
FRAN ALONSO, SOBRE A VISITA AO LEVANTE UD: "VAI SER UNHA FINAL PARA OS DOUS EQUIPOS"
Fran Alonso advertiu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o Levante UD, rival este domingo 20 de abril ás 12:00 (Dazn) na Cidade Deportiva de Buñol, é "moi difícil. Teñen calidade para estar máis arriba pero se cadra careceron de consistencia este ano".Lembra que o conxunto granota "gañou 3 dos últimos 5 partidos. Para nós vai ser dificilísimo".Admitiu o técnico deportivista que o Levante UD "nos partidos de fóra estivo máis consistente. En casa o último, ante a SD Eibar, perdérono. Elas xóganse a vida, como nós. Vai ser unha final para os dous equipos".Ve ao Dépor ABANCA "con moita confianza polo último partido que xogamos (ante o FC Levante Badalona), que o fixemos moi ben. E bos recordos de cando nos enfrontamos a elas (en referencia ás granotas). Imos con moita confianza sabendo que é un campo moi difícil e sabendo todo o que nos xogamos".Fran Alonso recoñece que "lle temos que pór moita énfase á parte emocional. Foi máis difícil traballar esa parte emocional após a derrota ante o Athletic Club, que tivemos encima parón. Pero traballámolo moi ben, a reacción das xogadoras foi espectacular. Iso fai grande a este grupo, esa forza mental, esa confianza en todas nós, no traballo diario que facemos. A recompensa foi unha boa actuación no último partido en ABANCA-RIAZOR".O preparador branquiazul asegura que "queremos seguir crecendo, pór unha boa actuación mañá domingo, imos dalo todo, ímolo a deixar todo".

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...