
DÉPOR · 6 NOVEMBRO 2025
KOSNER E DÉPOR RENOVAN O SEU ACORDO DE PATROCINIO
O Dépor e Kosner asinaron un acordo polo que a marca seguirá como patrocinadora oficial do Dépor e premium do Dépor ABANCA durante unha temporada máis. Kosner é unha marca especializada en climatización que desenvolve solucións eficientes e sustentables para o ámbito residencial, comercial e industrial e cuxos produtos poden atoparse unicamente na canle profesional, concretamente en puntos de venda Saltoki.Desta maneira, Kosner seguirá tendo presenza no equipo masculino con varios activos de visibilidade de marca en ABANCA-RIAZOR, así como no equipamento do Dépor ABANCA, reforzando o seu apoio ao desenvolvemento do fútbol feminino na cidade.Con esta renovación, Kosner busca continuar fortalecendo a súa vinculación co Dépor, compartindo valores como o traballo en equipo, a profesionalidade e a cultura do esforzo. A paixón que identifica o club e aos seus afeccionados reflicte igualmente a filosofía que caracterizou a actividade da marca desde os seus inicios.Para o Dépor, a renovación deste acordo con Kosner até 2026 supón dar estabilidade ao proxecto do club, consolidando unha alianza cunha marca sólida e con forte presenza en Galicia.

Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...