
CANTERA · 11 XUÑO 2026
A PARTICIPACIÓN DO DÉPOR ABANCA ALEVÍN DESDE ESTE VENRES 12 NO TORNEO LALIGA FUTURA MOEVE MARCA O FINAL DE TEMPORADA PARA ANOSACANTEIRA FEMININA
A participación do Dépor ABANCA Alevín, vixente campión galego, no Torneo LaLiga Futura Moeve marca o fin de tempada para ANOSACANTEIRA feminina.A competición dispútase desde este venres 12 de xuño na Cidade Deportiva do Sevilla FC.O Dépor ABANCA Alevín está integrado por estas xogadoras: Vera Arias, Gabi Corral, Vera Feijoo, Lucía Bermúdez, Vega Baamonde, Elena Domínguez, Iris Ríos, Naia López, Vera Melki, Isabela Maroño, Andrea Martínez e Mencía Queijas.Os rivais de As Nosas nesta Primeira Fase serán o Atlético de Madrid, Badalona Women e Madrid CFF.O calendario de partidos é o seguinte:Primera FaseVenres 12 de xuño12:30: DEPORTIVO ABANCA ALEVÍN - MADRID CFF19:00: ATLÉTICO DE MADRID - DEPORTIVO ABANCA ALEVÍNSábado 13 de xuño10:00: BADALONA WOMEN - DEPORTIVO ABANCA ALEVÍN
En función da clasificación, os equipos pasan logo á Fase de eliminatorias.En canto ao resto de categorías, co último partido da Primera Autonómica do Orzán SD Xuvenil en Santa Comba ante o Xallas FC, ANOSACANTEIRA feminina alcanza o final de tempada.As orzanistas, coa salvación selada hai semanas, remataron a competición na 12ª posición con 29 puntos, con 9 partidos gañados, 2 empatados e 19 perdidos; cun total de 45 goles a favor por 69 en contra.Tamén lograron o obxectivo da permanencia o Deportivo ABANCA B en Segunda Federación e o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación. Ademais, o Orzán SD Cadete rematou na 2ª posición do seu grupo na Liga Galega e o Orzán SD Infantil A foi subcampión galego.

Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...