
FUNDACIÓN · 19 MAIO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN PON EN MARCHA O PRIMEIRO DÉPOR CAMPUS EN MACEDONIA
O RC Deportivo e a RC Deportivo Fundación continúan avanzando na súa estratexia de expansión e internacionalización coa posta en marcha do primeiro Dépor Campus en Ohrid (Macedonia), unha iniciativa que permitirá achegar a metodoloxía, os valores e o modelo formativo do Club blanquiazul ao fútbol base internacional.O campus desenvolverase do 13 ao 19 de agosto nas instalacións do Centro Vacacional Radosti e estará dirixido a xogadores e xogadoras nacidos entre os anos 2012 e 2018.As persoas participantes gozarán de adestramentos deseñados baixo a metodoloxía deportiva do RC Deportivo, combinando o traballo técnico e táctico cunha formación baseada en valores. O campus transmitirá principios fundamentais como o compañeirismo, o respecto, o esforzo e o xogo limpo, conectándoos coa propia esencia do deportivismo: teimosía, orde e talento.Entre as principais características e beneficios do Dépor Campus destacan:-Adestramentos baseados na metodoloxía deportiva do RC Deportivo.-Sesións adaptadas por idades e niveis.-Formación integral deportiva e persoal.-Actividades recreativas e dinámicas grupais.-Transmisión dos valores propios do deportivismo.-Entrega de equipación oficial do campus.-Diploma acreditativo de participación.As inscricións xa están abertas. As persoas interesadas poderán solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición a través do WhatsApp +389 77 568 903.Ademais, poderán consultar máis información no perfil de Instagram @butel2017Esta iniciativa enmárcase na colaboración entre a Fundación RC Deportivo e FC Butel 2017, co obxectivo de promover o fútbol formativo como ferramenta de unión cultural e social. O proxecto busca achegar a identidade do RC Deportivo a novas comunidades, reforzando os lazos con Galicia e fomentando a presenza da cultura galega e do sentimento blanquiazul a nivel internacional.Con este novo proxecto internacional, o RC Deportivo e a súa Fundación continúan fortalecendo a súa presenza fóra de España e consolidando a iniciativa Dépor Campus como unha referencia na formación deportiva, educativa e na difusión dos valores do deportivismo.

A Xunta de Galicia recibe ao Fabril, que "representa hoxe mel...

O partido ante a UD Las Palmas en ABANCA-RIAZOR, último de li...

A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ACTIVA A GRADA SOLIDARIA DE ABANCA-R...

O Dépor comeza este mércores 20 de maio a preparar o partido ...

O RC Deportivo homenaxea 25 anos de sentimento blanquiazul

ABANCA-RIAZOR ovacionou a Cris Martínez, que se sente "moi af...