RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A sede máis antiga dos DéporCampus, Caranza, non falla á súa cita anual

FUNDACIÓN · 20 XUÑO 2026

A SEDE MÁIS ANTIGA DOS DÉPORCAMPUS, CARANZA, NON FALLA Á SÚA CITA ANUAL

O barrio ferrolán de Caranza súmase aos DéporCampus por 12ª edición.A actividade nesta sede, a máis antiga, desenvólvese en colaboración coa SCDR Galicia de Caranza.O acto de presentación tivo lugar no campo de fútbol municipal de Caranza; e asistiron Kike Soto, presidente de Galicia de Caranza; Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus; e David Pérez Fernández, responsable de captación de Ferrol.Están previstos 2 quendas semanais: do luns 29 de xuño ao venres 3 de xullo; e do luns 6 ao venres 10 de xullo en horario de 10:00 a 14:00.Como o resto de DéporCampus, o de Caranza está dirixido a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo levarán a Caranza a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA realizan no Dépor Training Center.As persoas participantes gozarán das seguintes vantaxes:-Seguro de accidentes deportivos.-Unha equipación deportiva por cada quenda semanal, composta de camiseta, pantalón e medias.-Almorzo consistente en auga, barritas e froita.-Diploma.-Sorteo de agasallos.Máis información e inscricións para a primeira quenda abertas ata o martes 23 de xuño ás 14:00 ou ata completar aforo, premendo neste enlace.