
DÉPOR · 19 XUÑO 2026
TEUN GIJSELHART, NOVO XOGADOR DO DÉPOR
O RC Deportivo incorpora a Teun Gijselhart (Ámsterdam, Países Baixos, 6 de abril de 2005), que se converte en novo futbolista branquiazul até xuño de 2030.Cos seus 21 anos, o centrocampista neerlandés chega á Coruña tras completar unha destacada tempada no De Graafschap, co que disputou 39 encontros oficiais e repartiu 2 asistencias, consolidándose como unha das novas promesas do fútbol do seu país.Internacional cos Países Baixos nas categorías sub-15 e sub-17, Gijselhart conta ademais con experiencia na máxima categoría do fútbol neerlandés. Durante a tempada 2024-25 formou parte do PEC Zwolle, acumulando experiencia na Eredivisie antes de continuar o seu crecemento competitivo.A súa formación futbolística desenvolveuse nunha das canteiras de maior prestixio dos Países Baixos, a do AZ Alkmaar, onde adquiriu os fundamentos que lle permitiron dar o salto ao fútbol profesional. Posteriormente, tamén pasou polo filial do PEC Zwolle.Coa súa chegada, o RC Deportivo incorpora xuventude, proxección e talento para reforzar o seu centro do campo de cara aos vindeiros anos.

Amatucci foi titular con Italia sub-21 no triunfo ante Franci...

David Mella debuta ante Xapón coa selección española sub-21

En marcha 'Falas Dépor' cunha intensa tarde de venres co xorn...

El Fabril volve ao campo Arsenio Iglesias para recibir este s...

Alberto Rodríguez recalca ao fío do debut de Antía Mayo que "...

Último adestramento do Dépor este venres no Dépor Training Ce...