RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
El Fabril volve ao campo Arsenio Iglesias para recibir este sábado 14 de novembro ao Barakaldo CF a partir das 18:45

DÉPOR FABRIL · 13 NOVEMBRO 2026

EL FABRIL VOLVE AO CAMPO ARSENIO IGLESIAS PARA RECIBIR ESTE SÁBADO 14 DE NOVEMBRO AO BARAKALDO CF A PARTIR DAS 18:45

El Fabril regresa este sábado 14 de novembro ao campo Arsenio Iglesias para medirse a partir das 18:45 (TVG e Fan Play TV) ao Barakaldo CF, nun choque correspondente á 12ª xornada en Primera Federación.Manuel Pablo cre que esta volta "no xogo non creo que afecte nada. A nivel de xente están máis preto e pódese sentir o apoio; pero os xogadores sentíanse cómodos en ABANCA-RIAZOR pola sensación de que parece máis amplo aínda que as dimensións son as mesmas".Lembra que "aquí (no Dépor Training Center) estamos todos os días. Adestramos tamén nese campo 1, levamos moitos anos xogando aí e non afecta para nada".O filial, coa derrota da pasada fin de semana en Getxo ante o Arenas Club, chega ao choque con 11 puntos na 18ª posición."Despois do partido estás moi fodido porque tes momentos para gañar o partido e non estás acertado. Polo menos pensas que vas marchar con 1 punto. Son leccións para aprender. A clasificación está moi igualada, cada partido conta, cada punto conta. Temos que estar a eses niveis e despois o acerto do rival, o teu desacerto pode cambiar un momento dado", apuntou o adestrador do Fabril.Son baixa por lesión Álex Marqués, Dipanda, Jairo, Damián Canedo, Dani Estévez, Vergara e Manu Ferreiro, cunhas molestias nun adutor que o obrigaron a retirarse durante o partido ante o Arenas Club. "Está con probas, pero xa sabemos que para esta fin de semana non está. Mala sorte que temos con el. Con Noé ás veces tamén. Coincidiron moi pouco nun campo. Son xogadores determinantes, que che soben o nivel. El, que leva dúas lesións longas, é o que máis fodido está", subliñou o preparador fabrilista.Pola contra, si poderá contar Manuel Pablo con todos os futbolistas na dinámica dun primeiro equipo sen competición esta fin de semana, caso de Noé, Kevin Sánchez, Rubén López, Martín Ochoa... Todos eles xa se adestraron esta tarde co Fabril.

barakaldocf.jpeg

Foto: Barakaldo CFPola súa parte, o Barakaldo CF, que a pasada fin de semana derrotou o Real Unión por 2-0, é 12º con 14 puntos.Lonxe do seu campo esta temporada os vascos empataron coa SD Ponferradina (0-0); e caeron co CD Coria (4-1), Racing de Ferrol (1-0) e UD Ourense (1-0).O seu técnico, Imanol de la Sota, afirmou que "competimos moi ben, pero temos moita marxe de mellora. É importante seguir coa boa dinámica na que nos atopamos".E do Fabril apunta que "é un equipo que fai dano con moita facilidade cando ten o balón".