RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Alberto Rodríguez recalca ao fío do debut de Antía Mayo que "ANOSACANTEIRA é un piar fundamental do Club"

DÉPOR ABANCA · 13 NOVEMBRO 2026

ALBERTO RODRÍGUEZ RECALCA AO FÍO DO DEBUT DE ANTÍA MAYO QUE "ANOSACANTEIRA É UN PIAR FUNDAMENTAL DO CLUB"

Alberto Rodríguez admitiu tras concluír o partido de Copa de la Reina ante o CE Europa que "ao ter partidos entre semana hai menos días e iso condiciona a xestión das cargas nos adestramentos. Pero é igual para todo o mundo. Seguro que o CE Europa fixo un esforzo grande. Así que hai que normalizar a semana. As semanas de Copa son ilusionantes e esixentes tamén polo pouco descanso".A raíz do debut de Antía Mayo, o técnico deportivista asegura que "estamos moi contentos co seu rendemento, co seu día a día. Hoxe (por onte) tocoulle a Antía. Fixo un partido destacable malia que o CE Europa nos agardou en bloque baixo e tivo poucas situacións de gol, que é onde ela se manexa mellor dentro da área. Estamos contentas co seu traballo".Finalmente de ANOSACANTEIRA subliña que "é un piar fundamental do Club, así que hai que normalizar a situación, facéndolles ver a elas que esa maduración ten que ser natural, tendo en conta que no fútbol todo pasa moi rápido. Queda moita temporada así que haberá moitas máis ocasións tanto para as que xa debutaron como para as que xa están; e por que non? para xogadoras que de momento non participaron para que sigan derrubando a porta".

Real Club Deportivo de A Coruña