
DÉPOR · 13 NOVEMBRO 2026
ÚLTIMO ADESTRAMENTO DO DÉPOR ESTE VENRES NO DÉPOR TRAINING CENTER ANTES DUNHA LONGA FIN DE SEMANA DE DESCANSO
O Dépor concluíu este venres 13 de novembro a semana de traballo sen competición ligueira debido aos compromisos das seleccións nacionais.Non estiveron os 5 internacionais (Nsongo Bil, Mella, Giménez, Amatucci e Lucas Noubi) nin tampouco fabrilistas, que si teñen partido de liga este sábado 14 de novembro ás 18:45 (TVG e Fan Play TV) no campo Arsenio Iglesias ante o Barakaldo CF e, por conseguinte, adestraranse esta tarde ás ordes de Manuel Pablo.A maiores, Bright Ede e Zakaria Eddahchouri realizaron adestramento personalizado.

O corpo técnico dispuxo, tras unha activación con rondos, unha tarefa de posesión e un exercicio de finalizacións.Haberá descanso para o cadro de xogadores ata o martes 17 de novembro, día no que Os Nosos regresan ao Dépor Training Center para, a partir das 10:30, comezar a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Deportivo Alavés prevista para o sábado 21 de novembro ás 14:00 (Movistar LaLiga) en Mendizorroza.

En marcha 'Falas Dépor' cunha intensa tarde de venres co xorn...

El Fabril volve ao campo Arsenio Iglesias para recibir este s...

Alberto Rodríguez recalca ao fío do debut de Antía Mayo que "...

O RC Deportivo presenta 'Dépor, voa', un documental que mostr...

As Nosas regresan este venres 13 a primeira hora da mañá dire...

Nsongo Bil marca o seu segundo gol con Camerún na vitoria por...




