
DÉPOR · 13 NOVEMBRO 2026
EN MARCHA 'FALAS DÉPOR' CUNHA INTENSA TARDE DE VENRES CO XORNALISMO E OS ÍDOLOS DE ONTE COMO PROTAGONISTAS
Xa está en marcha Falas Dépor, o foro que, desde este venres 13 ata este domingo 15 de novembro, reúne a protagonistas da historia do RC Deportivo e a destacadas voces do xornalismo, a literatura, o cinema e a música.Este venres 13 os protagonistas foron os ídolos de onte, como son Carlos Ballesta, Inma Castañón, Ramón Piña e Manolete.

E tamén o mundo do xornalismo.Analizouse a proxección do Club fóra de Galicia con Juan Ignacio Gallardo, director do diario Marca; e José Félix Díaz, director do Diario As (na foto principal da noticia).E os xornalistas Sara Gallego, Lucía Dávila, Silvia Carregal e Pedro J. Barreiros conversaron sobre 'o Deportivo é noticia: da Coruña para o Mundo’.

Este sábado 14 de novembro a axenda aprétase.Ás 10:00 en Espazo Avenida o protagonista será o cinema. "O Dépor foi actor secundario en moitas películas. Isto lembrarémolo co director de Cinemanía e autor do libro 'Fútbol y Cine' Carlos Marañón. Con el estarán Olga Osorio e o actor Tamar Nóvas, que fai de deportivista polo menos en 2 películas, segundo apuntou Rubén Ventureira, xornalista e historiador coruñés no acto de presentación de Falas Dépor.

A gaiteira internacional Susana Seivane, Gandy e Paco Lodeiro falarán sobre 'A Música do Fútbol' ás 12:00 en ABANCA Espacio Avenida.

Pechan a xornada ás 20:30 no Dépor Museo & Tour David Carabén e Javier Terenti que achegarán, xunto ao xornalista e historiador coruñés Lois Novo, "unha perspectiva comparada con outros clubs centenarios do fútbol español como o RCD Espanyol, o FC Barcelona e o Sevilla FC. Veñen representantes destes equipos e as súas experiencias permitirannos coñecer as distintas maneiras de documentar, conservar e divulgar a historia do deporte e do fútbol", explica Ventureira.

Xa o domingo 15, o Dépor e a literatura serán os protagonistas ás 10:00 en ABANCA Espacio Avenida con Xosé Hermida, Xesús Fraga e Enric González, "autor do libro marabilloso 'Historias del Calcio'", lembra Rubén Ventureira.

E completa o programa unha mesa integrada polos xogadores do Súper Dépor Manuel Pablo, Manjarín e Nando, ás 12:00 en ABANCA Espacio Avenida.Estarán representados o primeiro Súper Dépor, que case gaña a liga no 94 e gaña a liga no 95; e o segundo, que gaña a liga no 2000 e a Copa no 2002.

Totalmente gratuítoFalas Dépor é totalmente gratuíto e para apuntarse é necesario rexistrarse no apartado da web 'Cuenta' e despois anotarse na/s que interese/n. (pasos a seguir nas gráficas inferiores).

El Fabril volve ao campo Arsenio Iglesias para recibir este s...

Alberto Rodríguez recalca ao fío do debut de Antía Mayo que "...

Último adestramento do Dépor este venres no Dépor Training Ce...

O RC Deportivo presenta 'Dépor, voa', un documental que mostr...

As Nosas regresan este venres 13 a primeira hora da mañá dire...

Nsongo Bil marca o seu segundo gol con Camerún na vitoria por...




