
DÉPOR · 13 NOVEMBRO 2026
O RC DEPORTIVO PRESENTA 'DÉPOR, VOA', UN DOCUMENTAL QUE MOSTRA DESDE DENTRO UNHA NOVA ETAPA NA HISTORIA DO CLUB
O Real Club Deportivo produciu 'Dépor, voa', un documental que se adentra nunha das etapas máis relevantes da historia recente da entidade para contar, desde dentro, o proceso de transformación deportiva, institucional e social que acompañou o regreso do Dépor a Primera División.O tráiler desta produción audiovisual poderase ver en primicia o vindeiro domingo 15 de novembro como colofón das xornadas Falas Dépor. Será a primeira oportunidade para descubrir as imaxes dun proxecto que abre as portas do Club e achega o espectador aos acontecementos, ás decisións e ás persoas que protagonizaron esta nova etapa.A través de dous capítulos, 'Dépor, voa' constrúe un relato que transcende o estritamente deportivo. A historia arranca no treito decisivo da temporada 2025-26, cando o equipo afrontaba o desafío de regresar á máxima categoría, e acompaña o deportivismo nos momentos que marcaron a consecución dese obxectivo.Pero o documental non se detén no éxito deportivo. A súa mirada esténdese ao conxunto da entidade para mostrar como conviven a esixencia competitiva do fútbol profesional e o traballo diario de todas as áreas que fan posible o crecemento do Club: desde a canteira e o fútbol feminino ata a dirección deportiva, as infraestruturas e a área social, sen esquecer o papel fundamental dunha afección que acompañou o equipo durante todo o camiño.A produción adéntrase tamén nos preparativos do regreso a Primera División e nos movementos que marcaron o verán de 2026, cunha perspectiva próxima dos retos e das decisións que afronta unha entidade que traballa para consolidar o seu proxecto deportivo e institucional.Con acceso exclusivo ao día a día do RC Deportivo e material audiovisual rodado durante os últimos meses, o documental propón unha mirada diferente sobre o presente do Club e os fundamentos sobre os que quere construír o seu futuro.'Dépor, voa' é unha produción do Real Club Deportivo e forma parte da aposta da entidade por desenvolver contidos audiovisuais propios e de calidade, capaces de achegar a súa realidade aos afeccionados e compartir con novas audiencias a dimensión dun proxecto que vai moito máis alá dos 90 minutos de cada partido.O vindeiro domingo, Falas Dépor será o escenario do primeiro encontro do público con 'Dépor, voa'. Unha historia que merece ser contada desde dentro.

As Nosas regresan este venres 13 a primeira hora da mañá dire...

Nsongo Bil marca o seu segundo gol con Camerún na vitoria por...

Un gol de Marisa no minuto 92 mete ao Dépor ABANCA nos oitavo...

Manuel Pablo ve o seu Fabril en Primera Federación "aprendend...

Marc Casadó: "O Servizo Médico do RC Deportivo fixo un trabal...

Un partido once contra once a campo completo, tarefa principa...