
DÉPOR · 19 XUÑO 2026
ACF FIORENTINA E GENOA CFC MEDIRANSE AO DÉPOR NESTA PRETEMPORADA
O Dépor comeza a configurar o seu calendario de pretemporada cos seus dous primeiros amigables.Así, o xoves 6 de agosto ás 20:00 Os Nosos mediránse no Stadio Curva Fiesole a un clásico do fútbol europeo, a ACF Fiorentina, que a temporada 2025-26 alcanzou os cuartos de final da Conference League, onde foi apeado polo Crystal Palace, ao cabo gañador do torneo.Dous días despois, o sábado 8 de agosto, o equipo de Antonio Hidalgo enfrontarase ao Genoa CFC, tamén da Serie A italiana. Neste caso o choque xogaráse no Stadio Luigi Ferraris ás 20:45 ou ás 21:00, pendente de confirmar nos vindeiros días.O regreso aos adestramentos do cadro deportivista será arredor do 6 de xullo.

Antonio Hidalgo salienta que "tivemos un equipo moi recoñecib...

Os Nosos volven ao traballo este martes 3 de novembro ás 11:3...

ABANCA-RIAZOR empurra o Dépor a unha remontada ante o CA Osas...

Intensa e longa semana para o Dépor ABANCA con Copa en Barcel...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con pl...

O Dépor ABANCA B exhibe a súa fiabilidade e derrota a un Real...