RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os DéporCampus 2026 baixan o pano tras un verán inesquecible para 2.500 nenos e nenas de toda Galicia

FUNDACIÓN · 31 XULLO 2026

OS DÉPORCAMPUS 2026 BAIXAN O PANO TRAS UN VERÁN INESQUECIBLE PARA 2.500 NENOS E NENAS DE TODA GALICIA

O verán deixa recordos que permanecen para sempre. Sorrisos, novas amizades, aprendizaxes e milleiros de momentos compartidos que converten cada edición dos DéporCampus nunha experiencia única.Este venres 31 de xullo baixou o pano da edición 2026, un verán no que 2.500 nenos e nenas gozaron do fútbol e dos valores do RC Deportivo nunha iniciativa que segue medrando ano tras ano.A sexta e última semana reuniu preto de 250 participantes no Dépor Training Center (na foto principal da nova), Cedeira (na foto entre o texto) e Marín (foto inferior), poñendo o broche de ouro a 6 intensas semanas de actividade nas que o balón volveu ser o mellor punto de encontro para centos de familias deportivistas.Durante estes días, cada adestramento, cada xogo e cada reto foron moito máis ca unha actividade deportiva.Os DéporCampus volveron demostrar que o fútbol é unha ferramenta para educar en valores, onde o compañeirismo, o respecto, o esforzo, a superación e o traballo en equipo se converten nos verdadeiros protagonistas.Ao longo destas 6 semanas, milleiros de nenos e nenas non só melloraron como futbolistas. Descubriron a importancia de compartir, de axudar ao compañeiro, de gozar do deporte cun sorriso e de sentirse parte dunha mesma familia, a do RC Deportivo.Para moitos deles, este verán quedará gravado para sempre como o dos primeiros amigos, os primeiros retos superados e os primeiros soños vestidos de blanquiazul.

deporcampuscedeira0731.jpg

Os DéporCampus deixan moito máis ca fotografías cos ídolos ou diplomas: deixan experiencias, emocións e recordos que acompañarán a cada participante durante moito tempo.A edición de 2026 volveu confirmar o enorme alcance dun proxecto que percorreu toda Galicia entre o 22 de xuño e o 31 de xullo, co Dépor Training Center como sede principal durante as 6 quendas e con actividade tamén en Outes, Maside, Lugo, Caranza, Cee, o Colexio Internacional de Eirís, Monforte, Santa Comba, o Colexio Santa María del Mar, Bertamiráns, Boiro, Vilalba, Silleda, Zas, Cuntis, Cedeira e Marín.Dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, independentemente do seu nivel futbolístico, os DéporCampus volveron consolidarse como unha das grandes referencias do verán, combinando deporte, formación e convivencia baixo o selo do RC Deportivo.O balón deixa de rolar ata o próximo verán, pero o sentimento deportivista seguirá vivo en cada un deses 2.500 nenos e nenas que, durante unhas semanas, descubriron que vestir estas cores significa moito máis ca xogar ao fútbol. Significa medrar, compartir e formar parte dunha familia que os seguirá agardando cos brazos abertos.Toda a información e demais preguntas frecuentes atópanse premendo aquí, onde se pode contactar, aínda que tamén se pode facer a través de [email protected].