
DÉPOR · 22 XANEIRO 2025
LUCAS PÉREZ REFÍRESE NA SÚA DESPEDIDA A "UNHA SITUACIÓN PERSOAL DIFÍCIL" E A "UN DESGASTE EMOCIONAL POLA MIÑA BANDA"
Lucas Pérez despediuse este mediodía do Deportivo nunha multitudinaria rolda de prensa en ABANCA-RIAZOR.Con puntualidade suíza, o capitán deportivista foi recibido ás 14:00 horas polos seus compañeiros, técnicos, xogadoras do Dépor ABANCA, empregados do Club e membros de ANOSACANTEIRA (técnicos e xogadores) cun corredor desde a propia banda de ABANCA-RIAZOR á sala de prensa.Nos videomarcadores do estadio e na 'U' televisiva podíase ver a creatividade coa que o Club anunciaba nas súas canles oficiais a despedida do futbolista coruñés.

Sentados en primeira fila agardaban o Consello de Administración do Club encabezado pola vicepresidenta Michelle Clemente.Antes de empezar a responder as preguntas dos medios, nunha pantalla reproduciuse o vídeo con algúns dos emocionantes momentos vividos por Lucas nesta a súa terceira etapa no Dépor.Lucas Pérez desvelou que "levo uns meses pasando por unha situación persoal difícil e tomei unha decisión que creo que é a mellor para ambas as partes".Referiuse a "a persoa que máis quero neste mundo, que vai cumprir 2 anos. É un dos motivos principais porque a miña avoa me educou que a familia é o primeiro nesta vida".

Confesou non sentirse "moi cómodo. Como sempre dixen, viñen para axudar e creo que é o momento de coller e marcharme tranquilamente polo ben do Club".O xa ex dianteiro deportivista cualifica estes dous anos no Dépor como "marabillosos, cos seus momentos bos, momentos malos. Hai un desgaste emocional pola miña banda".Lucas Pérez apunta que "cando eu cheguei a este Club había moitos déficits, que non os vou a dicir eu porque todos o sabedes. Agora o Club está nunha situación privilexiada. Conseguimos entre todos unha estabilidade que é moi boa. Temos un propietario ao que lle dou tamén as grazas desde aquí porque foi unha persoa moi próxima desde o primeiro día que cheguei; e demostroume tamén o seu apoio e o seu agarimo por todo este tema que sucedeu".

"O meu granito de area achegueino. Dixen que viña para axudar desde o primeiro momento. Creo que axudei, aínda que fose un pouco; e voume coa conciencia moi tranquila", subliñou.A rolda de prensa concluíu coa entrega dunha camiseta a Lucas Pérez a cargo de dous canteiráns coa lenda 'Grazas capitán" gravada nas costas.Antes de saír do estadio, o ex capitán foi ao seu asento na bancada de Tribuna para, acompañada de Michelle Clemente, descubrir unha placa conmemorativa na que figuran as temporadas que vestiu a camiseta do Dépor.

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...

O Dépor ABANCA xa coñece aos seus rivais na súa terceira temp...

O Dépor xa coñece o camiño no seu regreso á elite

Emotiva primeira xornada do Dépor Genuine na fase final de La...

Resultados deste sábado 20 e calendario do domingo 21 de xuño...