RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Lugo mantén a súa aposta polo DéporCampus

FUNDACIÓN · 5 XUÑO 2026

LUGO MANTÉN A SÚA APOSTA POLO DÉPORCAMPUS

Lugo mantén a súa aposta polos DéporCampus coa súa 2ª edición, unha actividade que se realiza en colaboración coa ADC Sagrado Corazón.O acto de presentación tivo lugar no Concello de Lugo e ao pé da emblemática muralla da cidade.Asistiron Damián Carballo Méndez, concelleiro de deporte, infancia e xuventude; Jacobo Gómez López, presidente da ADC Sagrado Corazón; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 22 de xuño ao venres 26 de xuño (o día 24 de xuño con normalidade) en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos) independentemente do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras de ANOSACANTEIRA aplicarán a metodoloxía de adestramento que os equipos da base realizan no Dépor Training Center.O de Lugo, do mesmo xeito que o resto dos DéporCampus repartidos por toda Galicia, inclúe:-Seguro de accidentes deportivos.-Unha equipación deportiva por cada quenda semanal, composta de camiseta, pantalón e medias.-Almorzo consistente en auga, barritas e froita.-Diploma.-Sorteo de agasallos.

Máis información e inscricións neste ligazón.