RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Manuel Pablo: "Sempre queres ser ambicioso, mirar mellor para arriba que para abaixo"

DÉPOR FABRIL · 5 SETEMBRO 2025

MANUEL PABLO: "SEMPRE QUERES SER AMBICIOSO, MIRAR MELLOR PARA ARRIBA QUE PARA ABAIXO"

Manuel Pablo subliñou na sala de prensa de Abegondo que o Fabril 2025-26 é "un grupo un pouco longo pero o ano pasado tivemos problemas nalgunhas posicións e non queriamos quedarnos escasos".Apunta que o cadro "se renovou bastante e noto moita proximidade, un grupo moi bo pero a competición é a que nos ten que facer crecer".Pretende "tentar que eses xogadores que pasen a sénior teñan ese crecemento progresivo e a xente do ano pasado dea un paso adiante. Fóronse xogadores que acumularon moitos minutos a temporada pasada e toca un paso adiante a outros".O técnico fabrilista advirte que "a tarefa de formación sempre está. Para iso estamos, para tentar que eses xogadores estean o mellor preparados por se o primeiro equipo ten que tirar deles nalgún momento. A partir de aí sempre queres ser ambicioso, mirar mellor para arriba que para abaixo. O que queremos é non sufrir. Si que somos ambiciosos de partida de tentar estar arriba pero logo se cadra a realidade ponnos noutro panorama".Do primeiro rival nesta temporada en Segunda Federación, o Burgos CF Promesas, este domingo 7 de setembro ás 12:00 en Abegondo, Manuel Pablo opina que "é un equipo que repiten moitos xogadores do ano pasado, con moita ilusión, con moitas ganas. Tenta tamén asociarse, ser protagonista. Con todo iso vainos a competir ben e temos que estar preparados para momentos que non nos saian as cousas, seguir crendo na nosa idea, e saír a competir desde o minuto 1. Levamos moitas semanas de pretemporada e a xente está a desexar a competición".