
DÉPOR · 3 AGOSTO 2025
MARIO SORIANO: "ESTAMOS A ADAPTARNOS AOS POUCOS PERO ESTAMOS A ATOPARNOS"
Mario Soriano manifestou no mesmo céspede do Riverside Stadium de Middlesbrough que a valoración do encontro ante o 'Boro' é "positiva. É certo que como en todas as pretemporadas hai que mellorar moitas cousas e as que estamos a facer ben seguir facéndoas".Cre que o encontro "empezou mal cun erro que nos custou un gol. Logo reaccionamos moi ben. Tivemos bos minutos con balón, apertando en bloque medio e arriba. Eles estaban incómodos".Admitiu o centrocampista branquiazul que "na segunda parte afundíronnos moito máis. Non saímos tanto a apertar arriba. Estaban a chegar moito á nosa área. Non tiveron moitas ocasiones pero tiveron un pouco de sorte nese balón que levou o extremo, que logo deu o pase da morte".Mario Soriano subliña que "o equipo está a facer o que o míster nos está pedindo nos adestramentos, nese sistema, con balón e sen balón. Como hai algúns novos estamos a adaptarnos aos poucos pero estamos a atoparnos".Finalmente, a nivel persoal esta nova temporada proponse "mellorar o do ano anterior, dar outro pasiño adiante sobre todo neses números de goles e asistencias. E logo seguir traballando como o veño facendo estes últimos anos".

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...

Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este v...

Actividades e gran ambiente nos arredores de ABANCA-RIAZOR du...

Antonio Hidalgo presume de "un gran cadro, moi comprometido" ...